BNG e clubs reclaman a constitución dun grupo de traballo para conseguir a nave de deportes náuticos

BNG e clubs reclaman a constitución dun grupo de traballo para conseguir a nave de deportes náuticos

 

weboutubroReclaman que se dea cumprimento á moción do BNG para constituír un grupo de traballo

 

 Os representantes dos clubs de piragüismo e remo, da asociación Amigos dos Rapaces, e concelleiros do  BNG compareceron hoxe en rolda de prensa para reclamar que se dea cumprimento á moción aprobada por unanimidade polo pleno na cal se solicitaba a constitución   dun grupo de traballo para participar na elaboración do proxecto  e impulsar a realización da futura nave de deportes naúticos de Marín.

O concelleiro do BNG, quen foi presidente do Club de Remo até que asumiu a súa acta no concello, Alfonso Fernández Pose, explicou que nin os clubs nin o BNG, están dispostos a que o acordo quede nun simple anuncio. Clubs e Asociacións solicitarán por escrito a súa participación no grupo: “Debería ser o concelleiro de Deporte quen se tivera xa posto en contacto con nos para comunicarnos o acordo e anunciarnos a constitución do grupo, mais a día de hoxe só temos información a través dos medios ou do BNG”, afirmou Luís Pesqueira, presidente do club de remo Tambo.

“Non imos permitir que se vincule esta dotación ao estado da nave almacén, as que realmente están nun estado deplorable son as naves de piragüismo e remo. Os rapaces e rapazas non teñen espazo, arriscan cada vez que acceden ao mar por unhas escaleiras cheas de verdín, e as instalacións non cumpren cun mínimo de accesibilidade e nenos e nenas comparten uns espazos totalmente insuficientes”, explican os representantes dos clubs.

 Non imos permitir e que isto se retrase no tempo, por iso urxe a constitución do grupo de traballo

“Hai total unanimidade en que Marín conte cunha nave de deportes náuticos e en que estea no entorno do Paseo Alcalde Blanco. Danos igual se ten que ser de nova edificación ou que sexa resultado da restauración da actual nave, o que non imos permitir e que isto se retrase no tempo, por iso urxe a constitución do grupo de traballo. Esta é a única maneira de que flúa a información e de que os máis interesados poidamos opinar”, engadiron.

Finalmente os ponentes insistiron en que calquera asociación ou club pode solicitar formar parte do grupo, e en que non cesarán até que a nave sexa unha realidade, por iso non descartar levar a cabo novas iniciativas para conseguilo.

Marín, outubro de 2015

BNG e clubs reclaman a constitución dun grupo de traballo para conseguir a nave de deportes náuticos