Imprimir

Asemblea Veciñal en Seixo

bngmarin.opennemas.com | 19 de Abril de 2018

Asemblea Veciñal Seixo
Asemblea Veciñal Seixo

O BNG convoca mañá venres 20 de abril unha Asemblea Veciñal en Seixo. Terá lugar na Casa da Cultura de Seixo ás 20:00h.

No BNG apostamos por un contacto permanente coa veciñanza. Por unha banda permite que a veciñanza nos traslade as súas demandas, inquedanzas e propostas, e por outra danos a posibilidade de informar do traballo realizado pola nosa organización. Deste xeito potenciamos a participación da veciñanza, máis alá de depositar o seu voto cada catro anos, e por conseguinte impulsamos unha profundización da democracia.

Mañá iniciamos unha rolda de Asembleas Veciñais que terán continuidade nas vindeiras semanas polas diferentes parroquias e lugares de Marín coa finalidade de darlle a palabra a veciñanza do noso Concello e informar do traballo que ven facendo o BNG.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/asemblea-vecinal-seixo/20180419084342003489.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Marín