Imprimir

Asemblea Veciñal en Ardán

bngmarin.opennemas.com | 26 de Abril de 2018

Asemblea Veciñal en Ardán
Asemblea Veciñal en Ardán

O BNG convoca mañá venres 27 de abril unha Asemblea Veciñal en Ardán. Terá lugar na Casa da Cultura de Ardán ás 20:00h., e o asunto principal da mesma será falar das necesidades de Ardán.

Hai unha semana iniciamos en Seixo unha rolda de Asembleas Veciñais nas que o BNG percorrerá as parroquias de Marín coa finalidade de escoitar as inquedanzas, demandas, queixas e propostas da veciñanza, así como informar do traballo feito pola nosa organización.

Deste xeito pretendemos manter un contacto permanente coa veciñanza, fomentar a participación ao tempo que profundizar na democracia.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/asemblea-vecinal-ardan/20180426142722003499.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Marín