O BNG Informa - O BNG Escoita

Grupo Municipal
Grupo Municipal
No BNG de Marín escoitamos as demandas e preocupacións da veciñanza do noso Concello e informamos dos asuntos que levamos a Pleno para mellorar a vida dos e das marinenses.
O BNG Informa - O BNG Escoita
Rogos e Preguntas no Pleno do 13 de setembro:
 
- Radioloxía: O BNG non deixará de reclamar e loitar polo prometido servizo de Radioloxía no Centro de Saúde de Marín: Preguntamos: Que cambiou para que a Xunta pretenda deixar a Marín sen Radioloxía? Que vai facer a Alcaldesa? Que xestións levou a cabo?
 
- Canellón Solla: Tras mellorarse o alumeado da zona (demanda veciñal levada a Pleno polo BNG), a veciñanza solicita a reparación do firme.
 
- Contedores Rúa Lameira: O BNG solicita a limpeza e adecentamento dos contedores situados diante do supermercado Froiz.
 
- Enorme atasco de tráfico: O xoves 7 de setembro coincidindo coa instalación do escenario de Panorama e a reordenación do tráfico na vila produciuse un enorme atasco na entrada de Marín desde Bueu, nun día que non era de praia e fora dos meses fortes de verán. O BNG pregunta polo dispositivo de tráfico dese día e que aconteceu para que se producira esa enorme retención que provocou que numerosísimos vehículos tardaran máis de 45 minutos en chegar a Marín desde Mogor.
 
- Mogor: O BNG pregunta pola execución das mocións aprobadas no Pleno, a iniciativa do BNG, en relación aos pasos de peóns na Avda. Aviador Calviño e pasos de peóns e lombos na Barriada.
 
- Aparcadoiro Igrexa de Marín: O BNG pregunta como van as negociacións co cura para a apertura do aparcadoiro ubicado detrás da igrexa de Marín.
 
- Colaboración da Deputación na publicidade da Festa Corsaria: O Concello de Marín ocultou a colaboración da Deputación na mencionada Festa. O BNG pregunta o motivo.
 
- Comisión Municipal de Inmigración: Esta Comisión víañse reunindo dúas veces ao ano pero no 2015 e 2016 reuniuse tan só unha soa vez. O BNG pregunta o motivo, se agora funcionará anualmente ou deixará de funcionar.