Presentación da novela “Vento na cara” de Juan Parcero

"Vento na cara" - Juan Parcero
"Vento na cara" - Juan Parcero

Este xoves 14 de febreiro, ás 20:00h. no Museo Manuel Torres, o BNG continúa coa programación da Axenda Cultural que organizamos para este primeiro semestre do ano coa presentación do libro de Juan Parcero "Vento na cara"

Presentación da novela “Vento na cara” de Juan Parcero

Este xoves 14 de febreiro o BNG de Marín continúa coa programación da Axenda Cultural que temos programada para este primeiro semestre do ano. Tras a presentación de “Os bicos feridos” de Anna R. Figueiredo o pasado 29 de xaneiro, desta volta presentaremos o último libro de Juan Parcero que leva por título “Vento na cara”.

Neste acto, que comezará ás 20:00h. no Museo Manuel Torres, contaremos coa presenta do autor, Juan Parcero, o colaborador cultural natural de Meiro (Bueu) Daniel Chapela e a compañeira do BNG de Marín Pamela Martínez Cortegoso.

“Vento na cara” é a terceira novela deste escritor de Moaña, que leva a súa vila no corazón e a traslada a literatura co nome de Aferróns. Nesta novela Juan Parcero narra como lle cambia a vida a Cándido da Vila tras o suicidio do seu irmán.

SINOPSE: Aferróns non é un pobo máis, é un mundo dentro doutro. Cándido da Vila o irá descubrindo aos poucos, buscando nas rúas, pescudando na xente, investigando nas cara, tentando descubrir algo que sabe que fica no seu interior: o medo á vida.

O seguinte acto programado será un recital poético na honra de Rosalía de Castro na alameda que leva o seu nome o día 24 ás 12h, como conmemoración do seu nacemento. O 21 de marzo ás 12h na Alameda de Seixo, haberá un recital poético polo Día da Poesía, nun acto que contará coa presenza de poetas da contorna.

O 5 de abril, ás 20h no Museo Manuel Torres, terá lugar a seguinte cita coa presentación de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, galardoada co I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil e escrita por Antonio M. Fraga. O día 25 ás 20h será o turno de Ana Cabaleiro, gañadora do Premio García Barros con As Ramonas, obra que traerá a Marín.

Como colofón, no mes de xuño presentarase o novo libro de Eva Mejuto, Memoria do Silencio, o día 6 de xuño ás 20h no Museo Manuel Torres; e o día 27 ás 20h, Iria Collazo fará de peche con A casa do paralelo 54.