A política económica do BNG

IMG-20160417-WA0013

A importante perda de poboación de Marín ten a ver cunha gran falta de servizos abafante mais tamén por carecer dunha política económica que a potencie a nivel local.

Desde o BNG defendemos que non  se trata de traer a Marín grandes industrias senón de ordenar e planificar o sector económico que vai desde a dotación de servizos sociais (centro de día, medre de persoal de Auxiliares de Axuda a Domicilio, etc), pasando por políticas cara o sector comercial, hostalaría, turístico, entre outras moitos sectores.

A política económica do BNG

A importante perda de poboación de Marín ten a ver cunha gran falta de servizos abafante mais tamén por carecer dunha política económica que a potencie a nivel local. Desde o BNG defendemos que non  se trata de traer a Marín grandes industrias senón de ordenar e planificar o sector económico que vai desde a dotación de servizos sociais (centro de día, medre de persoal de Auxiliares de Axuda a Domicilio, etc), pasando por políticas cara o sector comercial, hostalaría, turístico, entre outras moitos sectores.

Para a realización deste Plan cómpre a constitución dun Consello Económico e Social en Marín formado polos entes sociais, comerciais, partidos con representatividade, Autoridade Portuaria, etc. Este Consello é o órgano garante para a realización dun Plan de carácter periódico de fomento da actividade económico e de análise no termo municipal de Marín. O CES de Marín terá como funcións a realización dun Plan de Dinamización Comercial, dun Plan de Emprego Xuvenil, da realización de cursos formativos e cualificados para a clase traballadora, cursos de formación comercial e de emprendedores, creación dun banco de locais comerciais e dun viveiro de empresas de iniciativa pública e municipal.

Desde o Concello imos defender que nos orzamentos xerais do Estado Marín teña compensacións polos beneficios fiscais concedidos á Igrexa Católica, bens afectos á Defensa, infraestruturas explotadas en réxime de concesión e outros análogos. Queremos unha compensación pola ocupación e as externalidades que xeran en cada caso tanto a Autoridade Portuaria como a Escola Naval Militar.

Por outro lado, desde o Concello impulsaremos especialmente rebaixas fiscais a novos comercios e empresas que queiran instalarse nas zonas degradadas do Casco Vello de Marín, mais tamén ao resto dos comercios e empresas locais como medida de potenciación do sector.

Outra das novidades dos noso programa e a creación da figura do Dinamizador Económico, que tería como obxectivos a coordinación, o empuxe e a plasmación de políticas de desenvolvemento do comercio e industrial local, traballando man con man co comercios e negocios, e preparando todos os eventos anuais da vila. Formaría parte con voz e voto do Consello Económico e Social de Marín.

A política económica do BNG