O BNG contra o transfuguismo

Foto Diario de Pontevedra
Foto Diario de Pontevedra

O BNG presenta unha moción sobre boas prácticas políticas o contra o transfuguismo.

O BNG contra o transfuguismo

Cómpre realizar unha declaración de condea política sobre o motivo que causa este pleno e polo tanto sobre as actitudes dos representantes públicos, por hixiene democrática e por decencia da política. Nos últimos anos as organizacións políticas realizamos unha serie de accións e códigos de prácticas co fin de garantir a transparencia política: declaracións de bens ao tomar posesión e ao rematar a lexislatura, códigos éticos para os seus representantes, etc. Cando incumprimos estes compromisos pouco favor lle facemos á política provocando unha maior desafección da que xa existe hoxe en día. Se o resto dos políticos obviamos condear estas cousas non só nos estaremos enganando a nós mesmos senón ao pobo que afirmamos representar.

Por todo isto, o BNG solicita

1. A reprobación do Pleno do Concello de Marín das malas prácticas políticas asumindo o seu compromiso de transparencia co pobo, cumprindo cos seus deberes de honestidade, ética e responsabilidade política e rexeitando o transfuguismo.

2. Pedir a demisión dos representantes electos que non cumpran coas obrigas éticas adquiridas coas organizacións políticas polas que foron elixidos.