Moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía e casas de apostas en Marín

Lucía Santos lembra que nos últimos anos proliferan na Galiza a instalación de Casa de Xogos e Apostas. Marín non é allea a esta problemática e os danos que está producindo na sociedade en xeral representa un drama social de importante envergadura.

Moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía e casas de apostas en Marín

Nos últimos anos proliferan na Galiza a instalación de Casa de Xogos e Apostas e Marín non é allea a esta problemática. Os danos que está producindo na sociedade en xeral representa un drama social de importante envergadura.

A nadie se lle escapa as consecuencias que teñen este tipo de actividades lúdicas cuxos datos son máis que ilustrativos:

  1. A idade media de inicio entre persoas a tratamento por ludopatías é de 18,2 anos, o cal significa que hai moitísimos mozos que comezaron a xogar sendo menores.

  2. Coa próxima inauguración dunha nova Sala de Xogos na Almuíña Marín se coloca nunha media semellante á estatal (unha por cada 12.000 habitantes) e por riba da media galega (unha por cada 17.000 habitantes).

  3. No 2010 xogaban online 1,5 % das persoas adolescentes, mentres que no 2014 a cifra medrou cara o 9%.

  4. Na Galiza, o xogo presencial pasou dun gasto de 1.100 millóns de € no 2014 a 1.400 millóns de € no 2017.

  5. As maquinas de apostas no sector de hostalaría é un terzo superior á permitida pola Xunta de Galiza no Decreto 162/12, do 7 de xuño, Regulamento de Apostas da Comunidade Autónoma de Galiza.

As consecuencias son catastróficas nos lugares onde se instalan este tipo de “lecer” polo que é esencial que as institucións públicas desenvolvan accións políticas para contrarrestalas.

Desde o BNG consideramos que o Concello de Marín, dentro das súas competencias, pode realizar accións que minimicen a presenza destas instalacións. Mais tamén o Concello pode e debe solicitar a outros poderes públicos como a Xunta de Galiza para camiñar no mesmo guieiro.

Hai que lembrar que o sector do xogo réxese na Galiza aínda por unha Lei de 1985, sen que polo de momento se albisque unha iniciativa por parte do Goberno da Xunta para modificala perante esta problemática de saúde pública, só se presentou un Ante-Proxecto ante a Comisión de Xogo de Galiza.

Cómpre que o proceso de actualización do Regulamento se actualice axiña, pois as consecuencias derivadas destes centros vai afectar seriamente á saúde das persoas, co incremento do gasto sanitario para rehabilitar ás persoas afectadas, cartos que pagamos todos e todas cos nosos impostos.

A Xunta de Galiza debe ofrecer unha atención axeitada, continuada no tempo e de verdadeira rehabilitación das persoas que padecen ludopatía. Mais as carencias asistencial dun servizo público está á vista: Non existen Equipos Específicos no SERGAS para realizar tratamentos continuados e axeitados, ademais de non querer recoñecer a asociacións específicas e centros dedicadas á rehabilitación de persoas con adicción sen substancias e ludopatías, como centros de referencia para o tratamento que permitan a detección e derivación temperá por parte dos facultativos sanitarios e outros profesionais a estas entidades.

Por todo isto,

SOLICITA

  1. Instar á Xunta de Galiza a consensuar unha nova Lei do Xogo de acordo cos Grupos Políticos presentes no Parlamento Galego e coas entidades que traballan na rehabilitación diaria de persoas con adicción sen substancias e ludopatía.

  2. Instar a Xunta de Galiza para que se dirixa ao Goberno do Estado co obxectivo de que modifique a Lei 7/2017, do 31 de marzo, de Xeral Comunicación Audiovisual, e a Lei 34/1988, do 11 de novembro, Xeral de Publicidade co obxectivo de protexer ao menor e restrinxir a publicidade do xogo de apostas.

  3. Instar á Xunta de Galiza a considerar ás unha nova Lei do Xogo de acordo cos Grupos Políticos presentes no Parlamento Galego e coas entidades que traballan na rehabilitación diaria de persoas con adicción sen substancias e ludopatía.

  4. Estudar vías de colaboración entre a Policía Municipal de Marín coa Policía Nacional para realizar un maior control e supervisión das persoas que entran nos salóns de xogos, casas de apostas ou outros tipos de instalación habilitada para xogos ou apostas co obxectivo de facer cumprir a lexislación en materia de acceso a estes lugares.

  5. Prohibir a publicidade sobre apostas (tanto en casa de apostas, apostas online e demais formas de xogo) nas instalacións municipais e demais soportes do Concello de Marín.

  6. Iniciar desde o Concello de Marín unha campaña de impacto masivo sobre o efecto que o xogo e a ludopatía provoca na sociedade e no contorno.

  7. Elevar, de existir, a taxa municipal para casinos, bingos e salas de xogo.

  8. Instar ao Goberno do Estado a elevar a taxa no Imposto sobre Actividades do xogo nas casas de apostas e apostas online.

  9. Asinar un convenio de colaboración entre o Concello de Marín coa Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados para que poda atender a demanda de persoas aditivas ao xogo de apostas.

  10. Trasladar este acordo ao Presidente da Xunta de Galiza e a Sub-Delegación do Goberno de Pontevedra.

Moción sobre a prevención e loita contra a ludopatía e casas de apostas en Marín