Marín en Bloque: Novo número do Boletín do BNG de Marín

Boletín
Boletín

O BNG de Marín ven de editar 10.000 exemplares dun novo Boletín que chegará nas vindeiras horas a todas as vivendas do noso concello.

Marín en Bloque: Novo número do Boletín do BNG de Marín

O BNG de Marín ven de publicar un novo boletín "Marín en Bloque". Nesta ocasión o contido do mesmo está fundamentalmente orientado aos procesos electorais dos vindeiros meses de abril e maio.

 

O novo boletín inclúe na capa a fotografía de Lucía Santos Omil, a candidata do BNG de Marín nas vindeiras eleccións municipais, xunto cunhas breves pinceladas das liñas xerais que guían o proxecto da nosa organización para o noso concello.
 
A continuación incluímos as fotografías das 9 seguintes persoas que acompañan na lista a Lucía Santos, seguidas dunha pequena entrevista á nosa Portavoz Nacional, Ana Pontón. Dun xeito moi esquemático tamén engadimos unha serie das últimas propostas feitas polo BNG de Marín nos últimos meses, para rematar anunciando o Acto Público do día 15 de marzo "#ConcellosBNG: Calidade de vida en concellos que avanzan".

 

Lucía Santos Omil (candidata á alcaldía nas eleccións municipais): "Marín sufre unha política de parcheo e de lavado de cara superficial. Un goberno que é todo apariencia. Un goberno “fachada” que debaixo dos sorrisos e as boas palabras agocha unha absoluta falta de proxecto e capacidade para xestionar un concello como o noso."

Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG): O 28 de abril "é o momento de recuperar voz propia no Congreso dos Deputados. Galiza ten que estar"

 
Accede ao boletín completo na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/699926370154200/posts/1643552022458292/