Calidade de vida no medio rural

Medio rural
Medio rural

O rural marinense é un dos tesouros máis descoñecidos do noso concello, e tamén o que sofre unha situación de deficientes servizos públicos: auga, luz, camiños, etc. Para o BNG o rural debe formar parte dun eixo de desenvolvemento económico do concello, por esta razón queremos darlle máis valor e funcións á Concellaría do Rural como motor tamén de iniciativas empresariais e turísticas.

Calidade de vida no medio rural

O rural marinense é un dos tesouros máis descoñecidos do noso concello, e tamén o que sofre unha situación de deficientes servizos públicos: auga, luz, camiños, etc. Para o BNG o rural debe formar parte dun eixo de desenvolvemento económico do concello, por esta razón queremos darlle máis valor e funcións á Concellaría do Rural como motor tamén de iniciativas empresariais e turísticas.

Actualmente a xestión e o modelo de actuación do goberno municipal do PP baséase na improvisación e en actuacións concentradas a poucos meses das eleccións, como o recentemente aprobado plan de “asfaltado” de pistas. Nós pretendemos romper con ese modelo, propio de tempos pasados, e actuar de xeito planificado e consensuado cos veciños e veciñas.

Temos claro que debemos apostar por unha Humanización Urbanística, tamén no entorno rural, ao servizo das persoas. Para isto é fundamental a implicación de todos e todas, fundamentalmente das entidades veciñais e de montes, e as asociacións culturais que manteñen as nosas tradicións.

É necesario dotar as parroquias dos mesmos servizos que se desfrutan nos entornos urbanos, por iso comprometémonos a garantir o acceso ao saneamento e ao subministro de auga. As parroquias formarán parte da programación cultural e artística anual e estábel que desenvolva o concello. Tamén é necesaria unha mellora nas comunicacións, facer posíbel un transporte público que comunique o rural con Marín.

As nosas proposta programáticas para o rural

Desde o BNG potenciaremos convenios de colaboración coas entidades parroquiais para dinamizar e desenvolver actividades culturais e de lecer, para nenos e os maiores nas casas da cultura parroquiais.

Impulsaremos a localización e protección do patrimonio arqueolóxico e cultural no rural para poñelo en valor.

Apostaremos polo agro incentivando a produción ecolóxica. O Concello promoverá cursos e apoiará iniciativas de comercialización.

Remataremos a rede de saneamento do rural, demandaremos a mellora da rede eléctrica e de conexión a internet. Revisaremos os puntos de iluminación, adaptándoos para ter un maior aforro enerxético con novas tecnoloxías.

Revisión e limpeza dos roteiros da senda do rio Loira. Promoción dos roteiros e dos muíños de Malvido-Sarás e do río Loira, así como o fomento da súa promoción turística.

Promoveremos iniciativas destinadas ao aproveitamento dos recursos naturais.

Calidade de vida no medio rural