O BNG traslada ao Valedor do Pobo as condicións laborais da Residencia de maiores de Marín

O BNG traslada ao Valedor do Pobo as condicións laborais da Residencia de maiores de Marín

Nesta situación que estamos a padecer debido á crise sanitaria do COVID-19, as residencias de maiores están sendo un perigoso foco de infección polo que as medidas de protección tanto para os residentes como para as persoas traballadoras deberían ser prioritarias para poder realizar o seu traballo con total seguridade.

A residencia conta con 43 traballadores/as que veñen desenvolvendo a súa actividade laboral en condicións adversas sen equipos de protección individual poñendo en risco a súa saúde e a das persoas usuarias do centro.

Na actualidade non hai casos de contaxios nin persoas ailladas grazas a gran labor que está levando a cabo o persoal de traballo e todo isto, pese a só contar cunha máscara cirúrxica por día como medida de protección.

A portavoz do BNG de Marín, Lucia Santos trasladou esta situación ao Valedor do Pobo para que dende a Xunta e Concello tomen medidas urxentes dende xa para que se dote do material necesario para a seguridade dos traballadores e usuarios e non teñamos que lamentar posíbeis contaxios pola falta de material de protección.

 

O BNG traslada ao Valedor do Pobo as condicións laborais da Residencia de maiores de Marín