O BNG solicita por terceira vez a colocación de papeleiras nas inmediacións do colexio de Seixo

CEIP de Seixo
CEIP de Seixo

A portavoz municipal do BNG Lucía Santos, trasladou por terceira vez ao pleno celebrado o pasado xoves 14, unha solicitude da proposta pola veciñanza de Seixo. A colocación de papeleiras nas inmediacións do colexio de Seixo.

O BNG solicita por terceira vez a colocación de papeleiras nas inmediacións do colexio de Seixo

Nesta zona, ademáis do centro escolar, tamén se atopa a Escola Infantil e o Centro de Saúde polo que nos parece lóxica e necesaria a proposta realizada, xa que non hai ningunha en toda a contorna e con todo o movemento de xente que ten a zona.

Nas dúas ocasións anteriores, o goberno tomou nota do rogo e afirmou a necesidade da solicitude, pero dende a segunda petición xa pasou mais dun ano (foi realizada no pleno do 12 de setembro do 2018) polo que nos parece un prazo mais que razonábel ter levado a cabo unha proposta que non precisa grandes obras nin un gasto excesivo.

Dende o BNG esperamos que á terceira vaia a vencida e se teña en conta esta demanda necesaria para para dotar de servizos de calidade ás parroquias de Marín, neste caso, a parroquia de Seixo.