O BNG solicita a reubicación de contedores na Porteliña e na Moreira

IMG_20190203_170605
Sinalización Castro da Subidá

A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos Omil, traslada ao Concello unha solicitude da veciñanza da Porteliña para mudar a ubicación dos contedores de lixo que se atopan no cruce ao castro da Subidá e xunto o parque infantil da Moreira.

O BNG solicita a reubicación de contedores na Porteliña e na Moreira

A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos Omil, trasladou o pasado 6 de febreiro á comisión informativa de medio ambiente unha solicitude da veciñanza da Porteliña para mudar a ubicación dos contedores de lixo que se atopan no cruce ao castro da Subidá e xunto o parque infantil da Moreira.

Os primeiros están situados xusto diante da sinalización ao castro da Subidá, case ocultándoa, e afeando enormemente a contorna, polo que esta ubicación dificulta e non invita en absoluto a ir visitar o espazo arqueolóxico do Castro da Subidá.

No segundo caso, os contedores están situados xusto diante dunha marquesiña a carón do parque infantil, o que provoca que tanto a rapazada como calquera persoa que sente dentro de dita marquesiña ten enfrente as vistas dos contedores e o mal cheiro do lixo.

Dende o BNG apostamos polo coidado do medio e a loita contra o feísmo. Temos a obriga de coidar a nosa contorna e facela mais agradábel, polo que solocitamos que dende o goberno se teña en conta esta solicitude e actúen polo ben da veciñanza, da difusión do noso patrimonio e a imaxe do noso concello.

O BNG solicita a reubicación de contedores na Porteliña e na Moreira