O BNG solicita a recuperación do muíño do Valado e do lavadoiro de Arrabalde (San Xián)

Lavadoiro2
Lavadoiro de Arrabalde

Asímesmo solicitamos a realización dun estudo sobre o estado dos lavadoiros do noso concello e a recuperación, rehabilitación, protección e adecentamento daqueles que non se atopen en bo estado e/ou constitúan exemplos de feísmo urbanístico.

O BNG solicita a recuperación do muíño do Valado e do lavadoiro de Arrabalde (San Xián)

A raíz da presentación dunha moción polo BNG o pasado mes de xullo, que foi tratada no Pleno da Corporación Municipal de agosto, na que se solicitaba a recuperación, rehabilitación, protección e adecentamento do lavadoiro da Ponteíña (San Xián), a nosa organización recibiu varias solicitudes de veciños e veciñas da zona para mellorar o estado doutro lavadoiro da mesma parroquia.

No lugar do Carballal (San Xián) atopamos na beira dereita do río Lameira a fonte, o muíño e o lavadoiro de Arrabalde, paraxe sita a carón da estrada EP-0019.

Este conxunto non foi recuperado nas actuacións de recuperación do Patrimonio Etnográfico Marinense desenvolvido entre 2007-2011, durante o goberno bipartito PSOE-BNG, que levou a cabo un importante labor de actuación global en todo o termo municipal.

A fonte é usada pola veciñanza do lugar para coller auga e ao lavadoiro aínda se achegan varias veciñas para ir lavar a roupa, mais este conxunto atópase nun estado lamentable que pon en perigo a integridade física das persoas e resulta un claro exemplo de feísmo urbanístico que cómpre erradicar.

Por todo isto,

SOLICITA

  1. Que por parte do Goberno Municipal se acometa unha actuación integral que supoña a recuperación da paraxe de Arrabalde, restauración da súa fonte, muíño e lavadoiro, coa limpeza e mellora dos accesos que están ao seu carón.
  2. Colocación de panel informativo, indicador de localización e de potabilidade.
  3. A realización dun estudo sobre o estado dos lavadoiros do noso concello e a recuperación, rehabilitación, protección e adecentamento daqueles que non se atopen en bo estado e/ou constitúan exemplos de feísmo urbanístico.
O BNG solicita a recuperación do muíño do Valado e do lavadoiro de Arrabalde (San Xián)