O BNG solicita no Pleno da Corporación municipal un plan galego de reactivación económica

A portavoz municipal do BNG de Marín Lucía Santos, trasladou ao Pleno Municipal unha moción solicitando instar á Xunta de Galiza a iniciar a elaboración dun plan galego de reactivación económica que foi apoiada por unanimidade.

Debido a situación dramática que estamos vivindo na que aínda resulta difícil avaliar as consecuencias económicas e sociais ás que nos teremos que afrontar, é imprescindíbel levar a cabo medidas urxentemente para paliar a crise económica na medida que sexa posíbel.

Para isto, o primeiro paso é traballar en conxunto con todas as administracións evitando solapamentos e duplicidades e sobre todo, acurtando tempos nos trámites burocráticos.

Somos conscientes de que os gobernos municipais non teñen competencias económicas e fiscais e por isto, dende o BNG instistimos nun punto fundamental, a derogación da lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieira, mais coñecida como a “lei Montoro”. Isto permitiría á administración local poder disponer dos remanentes municipais para levar a cabo medidas de carácter socia e económico.

Estamos ante unha situación na que cómpre claridade dos recursos dispoñíbeis e actuar dende xa en estratexias destinadas ao mantemento e creación de emprego.

Temos que destinar todos os recursos e medidas posíbeis para que non se repita o de sempre…que a crise non a paguen os mais vulnerábeis.

O BNG solicita no Pleno da Corporación municipal un plan galego de reactivación económica