O BNG solicita a limpeza das beiras da variante de Marín (VG-4.4)

O BNG leva máis dun ano denunciando na Comisión Municipal do Rural o lamentábel estado das beiras da Variante de Marín (VG-4.4).

O BNG solicita a limpeza das beiras da variante de Marín (VG-4.4)

O BNG de Marín leva máis dun ano denunciando na Comisión Municipal do Rural o lamentábel estado das beiras da Variante de Marín (VG-4.4): a redonda de Pardavila e na ponte de Currás obsérvanse grandes xestas a ambos lados, árbores colgadas pola raíz, eucaliptos pegados case á estrada, etc.

Pese a insistencia na devandita Comisión nunca se lle deu unha resposta por parte dunha actuación decidida do Concello coa Xunta de Galiza.

Amais disto son numerosas as queixas veciñais por falla de alumeado nalgunhas zonas de entrada/saída da Variante.

Por todo isto, o BNG de Marín solicita que o Concello de Marín inste á Xunta de Galiza ao arranxo e adecentamento do vial, así como a colocación de alumeado na redonda de Currás-Pardavila, vial da Explanada.