O BNG solicita a consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, na PO-551 ao seu paso por Mogor

Hai uns días a veciñanza de Mogor advírtenos de que o 24 de maio, con motivo das choivas dese día, producíronse desprendementos no terraplén situado por debaixo da finca de Alcántara, na parte do mesmo que quedou sen rematar e varias pedras de importante tamaño caeron na estrada, co conseguinte risco para a tráfico rodado.

O BNG solicita a consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, na PO-551 ao seu paso por Mogor

En xaneiro de 2013 o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG na que, entre outras cuestións, solicitábase a realización dunhas obras en materia de seguridade viaria na PO-551 ao seu paso pola parroquia de Mogor, concretamente a consolidación de dous terrapléns situados ao pé da mencionada estrada, un á altura de Portocelo (por debaixo da finca de Alcántara) e o outro no punto quilométrico 590 antes da curva do matadoiro. A consolidación destes muros solicitarase anteriormente en repetidas ocasións.

Desde o BNG advertíamos da falta de seguridade viaria neste tramo da PO-551 que atravesa a parroquia de Mogor, e do perigo de que se puidera producir un accidente de tráfico a causa dos desprendementos de terra e pedras enriba da beirarrúa e sobre a estrada, o que poñía en perigo tanto a integridade dos peóns como dos automovilistas.

A Xunta de Galiza comunicoulle ao Concello de Marín en marzo dese mesmo ano que o Servizo Provincial de Estradas levaría a cabo estas actuacións. Segundo o comunicado do Servizo Provincial, no prazo máis breve posible procederiase á estabilización do noiro de desmonte, previa limpeza mediante a execución de drenes californianos, bulonado, malla de triple torsión e gutinado para protección de talude.

Finalmente estas obras iniciáronse en xuño do ano 2013, mais incomprensiblemente quedaron sen rematar nunha estrada que soporta un importante volume de tráfico.

Hai uns días varios/as veciños/as de Mogor advírtennos de que o 24 de maio, con motivo das choivas dese día, producíronse desprendementos no terraplén situado por debaixo da finca de Alcántara, na parte do mesmo que quedou sen rematar e varias pedras de importante tamaño caeron na estrada, co conseguinte risco para a tráfico rodado.

Por todo isto, o BNG solicitou ao Goberno Municipal, na pasada Comisión de Rural, que se acometan as obras de consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, obras que incomprensibelmente quedaron sen rematar no ano 2013.