O BNG reclama á Xunta solucións para a situación do ensino

Enmendas Orzamentos Xunta 2019-2

O BNG do Morrazo esixe garantir os dereitos do estudantado galego castigado durante anos dende a xunta

O BNG reclama á Xunta solucións para a situación do ensino

O ensino público, castigado durante anos dende a xunta vive unha situación de gran fraxilidade, agravada agora pola crise do coronavirus. A incertidume que esta a vivir o estudantado galego obriga a denunciar a falta de decisión e iniciativa por parte da xunta de Galiza por dar solución os graves problemas que padece nesta alarma sanitaria. Nunha Galiza onde a fenda dixital, ligada á situación económica das clases populares, imposibilita a continuación dos estudos de forma telemática, sumado ás distintas situacións personais que sufre a mocidade galega e limitan seu dereito ó ensino.

Esta situación vense especialmente agravada no ensino post-obrigatorio, na FP e no ensino universitario é insostibel. Nunha etapa que implica un gran custo económico e social para a mocidade, a precaria situación do alumnado para facer fronte ás tasas universitarias, ós alugeres e futuras matriculas e a inminente necesidade dos alumnos de últimos cursos de acceder ó mercado laboral para acadar un salario pon ó estudantado nunha situación terribel. A ausencia de solucións e axudas por parte do governo Galego deixa á súa sorte ó alumnado e profesorado.

Dende o consello comarcal do BNG do Morrazo esixímos á xunta e ó estado garantir o acceso e continuación dos estudos universitarios triplicando as bolsas de axudas e asegurando os medios que permitan que o alumnado poida continuar súa aprendizaxe evitando a avaliación precipitada e inxusta para as clases populares.

Rexeitamos que dende a consellería decidan manter ás datas das oposicións no ensino realizando exames en salas ateigadas nas que é imposible manter as medidas seguridade sanitaria.

O BNG reclama á Xunta solucións para a situación do ensino