O BNG pide no Parlamento un plan para salvar o Parque Forestal de Cotorredondo

Lago de Castiñeiras
Lago de Castiñeiras

Ante a situación de deterioro e abandono que sofre o Lago de Castiñeiras e a súa contorna, o BNG, por médio do deputado Luís Bará, volveu presentar no parlamento diversas iniciativas para reverter esta situación.

O BNG pide no Parlamento un plan para salvar o Parque Forestal de Cotorredondo

Concretamente, pide un Plan plurianual de mellora e promoción dos valores ambientais, paisaxísticos, culturais, educativos e sociais do parque forestal de Cotorredondo co obxecto de que recupere o bo estado que o converteu nun importante foco de atracción de visitantes no pasado.

Por outra parte, mediante unha pregunta parlamentaria, o BNG pide á Xunta que informe das actuacións realizadas desde 2009 e que segundo o goberno galego supuxeron un investimento de máis de 300.000, porque nin as comunidades de montes nin a cidadanía en xeral ven os resultados por ningún lado.

O BNG pide no Parlamento un plan para salvar o Parque Forestal de Cotorredondo