O BNG do Morrazo demanda que os Concellos poidan usar o 100% do superávit para paliar a crise económica e social por COVID-19

A interrupción da actividade durante do estado de alarma por COVID-19 provocou na comarca do Morrazo unhas graves consecuencias sociais e económicas.

As accións extraordinarias que son precisas nesta situación requiren dunha importante dotación de fondos públicos, por iso o BNG do Morrazo considera inaceptable que o Goberno do Estado continúe a limitar o uso do saldo positivo co que remataron o ano 2019 os cinco concellos do Morrazo.

Nos cinco concellos do Morrazo aumentou de forma dramática no último mes o número de familias que non teñen garantidas as súas necesidades básicas e debe ser urxente para as administracións evitar a exclusión social á que se ven abocadas. Ademais, a nosa economía local viuse gravemente afectada e cómpren medidas de reactivación dos nosos pequenos comercios e industrias locais.

As accións extraordinarias que son precisas nesta situación requiren dunha importante dotación de fondos públicos, por iso o BNG do Morrazo considera inaceptable que o Goberno do Estado continúe a limitar o uso do saldo positivo co que remataron o ano 2019 os cinco concellos do Morrazo.

Carece de sentido que, nesta situación de crise social e económica, o Goberno do Estado decida limitar ao 20% do saldo positivo de 2019 os fondos que pode destinar cada concello a políticas sociais para paliar os efectos da crise por COVID-19.

Así o recolleu o Goberno no Real Decreto 11/2020 do 31 de marzo, indicando (como consecuencia) que o 80% restante do superávit só se pode destinar á redución da débeda pública local.

Xa en condicións normais non é aceptable que os concellos non poidan decidir o destino do seu saldo positivo, mais neste contexto de crise resulta unha verdadeira burla que o Goberno do Estado obrigue ás nosas entidades locais a dedicar o 80% do saldo positivo de 2019 ao pagamento de débeda ás entidades bancarias. Obrígase a favorecer aos bancos limitando a axuda á veciñanza que máis o necesita. Non estamos en tempos de reducir débeda bancaria, senón de garantir unha mínima igualdade en benestar social a toda a veciñanza e reactivar unha economía local que se esfarela.

O BNG do Morrazo dirixiuse á Xunta de Galiza para demandar do goberno do Estado a derrogación da Lei de Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, Lei Orgánica de 2/2012, de 27 de abril, nesta situación de grave crise para que deste xeito se poidan destinar os recursos municipais a políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica nos cinco concellos do Morrazo. Ademais de pedir a corrección do Real Decreto 11/2020 para que cada concello poida usar a cantidade que considere, ata o 100%, do resultado positivo de 2019 en políticas sociais para paliar os efectos da crise por COVID-19.

O BNG do Morrazo demanda que os Concellos poidan usar o 100% do superávit para paliar a crise económica e social por COVID-19