O BNG demanda a iluminación da senda entre Bagüín e o matadoiro de Mogor

Senda Bagúín-Matadoiro Mogor
Senda Bagúín-Matadoiro Mogor

A Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou no Pleno da Corporación Municipala a demanda veciñal de iluminación na senda que transcorre paralela á PO-551 entre Bagüín e o matadoiro de Mogor, .

O BNG demanda a iluminación da senda entre Bagüín e o matadoiro de Mogor

A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, trasladou no Pleno da Corporación municipal unha queixa de varias persoas, usuarias da senda peonil paralela á PO-551 que vai desde Bagüín ao matadoiro de Mogor, que reclaman unha maior iluminación na zona.

A xa candidata á alcaldía polo BNG de Marín nas vindeiras eleccións municipais de maio lembrou que cando se mete o sol, a visibilidade resulta nula neste tramo, sendo imposíbel ver nin tan sequera onde se pisa.

A xente que acostuma a camiñar por esta zona queixase, con razón, de que nos meses de inverno, durante os cales as horas de luz son máis escasas, non se ve nada porque as farolas que están colocadas na outra beira da estrada non iluminan o camiño. Cómpre lembrar que a senda está separada da estrada por bloques de formigón que impiden a chegada da luz procedente das farolas da outra beira.

Desde o BNG de Marín solicitamos no pasado Pleno a colocación dalgún tipo de iluminación ou reflectantes en dita senda que permitan ás persoas que camiñan por ela facelo con visibilidade, e polo tanto con seguridade.

No BNG agardamos se teña en conta esta petición, xa que suporía unha mellora necesaria para a seguridade das persoas que acostuman a utilizar a senda peonil todos os días durante todo o ano. E por outra banda, unha correcta iluminación fomentaría o exercicio físico e os hábitos saudábeis da veciñanza, posto que ao reunir unhas condicións mínimas de visibilidade e seguridade sería, con certeza, máis empregada.