Asemblea Veciñal en Seixo

Asemblea Veciñal Seixo
Asemblea Veciñal Seixo

O BNG convoca mañá venres 20 de abril unha Asemblea Veciñal en Seixo. Terá lugar na Casa da Cultura de Seixo ás 20:00h.

Asemblea Veciñal en Seixo

No BNG apostamos por un contacto permanente coa veciñanza. Por unha banda permite que a veciñanza nos traslade as súas demandas, inquedanzas e propostas, e por outra danos a posibilidade de informar do traballo realizado pola nosa organización. Deste xeito potenciamos a participación da veciñanza, máis alá de depositar o seu voto cada catro anos, e por conseguinte impulsamos unha profundización da democracia.

Mañá iniciamos unha rolda de Asembleas Veciñais que terán continuidade nas vindeiras semanas polas diferentes parroquias e lugares de Marín coa finalidade de darlle a palabra a veciñanza do noso Concello e informar do traballo que ven facendo o BNG.

Asemblea Veciñal en Seixo