Subvencións deportivas: propostas do BNG

Subvencións deportivas: propostas do BNG

Remo 1webO Grupo Municipal do BNG de Marín, despois da Comisión Informativa de Deporte celebrada o pasado mes de setembro, na cal se nos fixo entrega do borrador das Bases Reguladoras para a concesión de axudas ás entidades deportivas do noso concello, queremos facer as seguintes suxestións que esperamos se teñan en conta a hora da súa redacción final:

1.- Nas bases propostas polo concelleiro delegado de Deporte, señor Traba Miñones, prímase a cantidade por riba da calidade. Isto vai en contra de entidades e clubs que, pola súa propia dinámica interna, non poden acoller máis que un determinado número de licencias, xa sexa pola limitación de espazo nas súas instalacións, pola carencia das mesmas ou pola escaseza de medios materiais. Mais aínda así, pode darse  a circunstancia de que entidades  e clubs con poucas licenzas ou medios acaden títulos e triunfos importantes e desenvolvan unha actividade de calidade.

Para outros clubs, pola contra, o número de licencias e afiliados non lles supón ningún handicap ao non depender dunha instalación ou de medios materiais para desenvolver a súa actividade.

2.-Tampouco se ten en conta nas bases a importancia de competir a nivel internacional. Para clubs como os de piraguismo e remo, por exemplo, competir noutros países é fundamental e forma parte da dinámica de todos os clubs a nivel galego ou estatal. Hai que ter en conta que estes desprazamentos supoñen un esforzo adicional que sempre corre pola conta dos clubs. O Concello debe valorar este interese pola competición e a posibilidade de levar o nome de Marín fóra das nosas fronteiras.

3.-O uso das instalacións é outro factor que distorsiona a cuantía das axudas concedidas. Pensamos que se debe ter en conta que hai clubs e entedidades que, fóra da subvención que nos ocupa, dispoñen de instalacións municipais, ás veces case en exclusiva. Esta disposición supón por si soa unha axuda municipal que está moi por riba do que outros clubs poidan recibir a través unicamente dunha axuda municipal anual. Polo tanto entendemos que se debe valorar a circunstancia de contar ou non con instalacións municipais para o desenvolvemento da actividade ao longo do ano.

4.- Ao mesmo tempo, existen clubs e entidades que deben facerse cargo por si sós do mantemento e reparación do seu material, frente a outros nos que estes gastos corren a cargo do Concello. Este aspecto tampouco esta contemplado nas bases que se nos presentan.

5.- Por último, cremos que as bases deben ter en conta que moitos clubs acollen rapaces e rapazas das parroquias lindantes entre os concellos de Pontevedra e Marín ou Marín e Bueu, que por razóns físicas e de hábitos sociais,  desenvolven todas a súas actividades no noso municipio. Para moitos clubs resulta absurdo non poder incluír dentro do seu censo a  persoas que non están emproadas en Marín, mais a todos os demais níveis son cidadáns e cidadás da nosa vila. Polo tanto solicitamos que as bases sexan menos restrictivas neste aspecto.

Asinado,

Xosé María Vilaboa Ramos

Marín, outubro de 2014