MOCIÓN EN DEMANDA DA PAVIMENTACIÓN DA PISTA DOS BRAVOS, PRAZOLETA DE AREALONGA E OUTROS SERVIZOS BÁS

MOCIÓN EN DEMANDA DA PAVIMENTACIÓN DA PISTA DOS BRAVOS, PRAZOLETA DE AREALONGA E OUTROS SERVIZOS BÁS

Asemblea veciñal do BNG

MOCIÓN EN DEMANDA DA PAVIMENTACIÓN DA PISTA DOS BRAVOS, PRAZOLETA DE AREALONGA E OUTROS SERVIZOS BÁSICOS NOS LUGARES DO SOUTO DE CARREGAL E A ESTIVADA

O Grupo Municipal do BNG presenta a seguinte moción en demanda da pavimentación da pista dos Bravos, prazoleta de Arealonga e outros servizos básicos nos lugares do Souto de Carregal e a Estivada, para o seu tratamento polo Pleno da Corporación Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A falta de antención ás parroquias do rural é unha constante dende a entrada do PP no goberno local. A maioría das demandas refliten a falta de organización en servizos básicos como o mantemento de camiños, alumeado e das poucas dotacións coas que contan e das que dependen a calidade de vida das persoas que viven no rural.

En decembro de 2012 o Pleno aprobou por unanimidade a moción do BNG na que se instaba ao goberno local a pavimentación da pista de Arealonga. Máis de dous anos despois os veciños están esperando que se lles tapén os baches e se proceda á pavimentación da pequena prazoleta de Areaolonga de Abaixo e da pista que a une á zona da Estivada, tal e como se acordou. É preciso, simplemente,  levantar un pequeno muro de formigón e recoller as augas pluviais.

 

Os veciños dos Bravos reclaman a pavimentación da pista que conduce ás súas casas, así como que se complete a obra do muro de contención que a sostén cunha baranda de protección e a colocación dun pequena presa que evite que a auga anegue as fincas.

Ademais, o asfaltado realizado hai só uns meses polo goberno actual e a Deputación está xa totalmente levantado a consecuencia de facer obras sen proxecto,  a correr, de xeito que a falta de canalización das augas xa estragou o pavimento.

Outras demandas

A todo isto é preciso engadir e reiteirar as seguintes demandas veciñais:

-Colocación de dous lombos na Praza do Souto do Carragal e advertencia de  límite de velocidade a 30.

- Recollida de augas pluviais no tramo que vai desde o cruce do Carragal até a canteira da Laxe.

- Recollida de augas na baixada do Pitanxo.

- Reposición do poste de alumeado que foi tirado por un coche hai máis dun ano.

- Reposición das lampadas do lavadoiro do Carragal.

- Instalación dun punto de luz no Carragal número 36 para evitar a falta de visibilidade.

- Reposición da lampada da Laxe no número 46.

- Instalación de alumeado público na pista que vai de Viñas Brancas até o lugar do Outeiro.

- Instalación de firme adaptado no parque infantirl do Souto do Carragal e dun tobogán.

 

En consecuencia, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes acordos:

  1. Instar ao goberno local a cumprir cos compromisos adquiridos e proceder a pavimentación da pista dos Bravos,  da prazoleta de Arealonga e da pista que a une coa Estivada.
  2. Instar ao goberno local á reparación do asfaltado en Arealonga.
  3. Instar ao goberno local a levar a cabo o resto das demandas recollidas nesta moción:

  • Colocación de dous lombos na Praza do Souto do Carragal e advertencia de  límite de velocidade a 30.
  • Recollida de augas pluviais no tramo que vai desde o cruce do Carragal até a canteira da Laxe.
  •  Recollida de augas na baixada do Pitanxo.
  •  Reposición do poste de alumeado que foi tirado por un coche hai máis dun ano.
  •  Reposición das lampadas do lavadoiro do Carragal.
  •  Instalación dun punto de luz no Carragal número 36 para evitar a falta de visibilidade.
  •  Reposición da lampada da Laxe no número 46.
  •  Instalación de alumeado público na pista que vai de Viñas Brancas até o lugar do Outeiro.
  •  Instalación de firme adaptado no parque infantirl do Souto do Carragal e dun tobogán.

 

A portavoz municipal,

Pilar Blanco López

Marín, 29 de xaneiro de 2015