MOCIÓN PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA A ATENCIÓN AOS AFECTADOS(AS) POLO CORTE DE SUBMINISTRO ELÉCTR

MOCIÓN PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA A ATENCIÓN AOS AFECTADOS(AS) POLO CORTE DE SUBMINISTRO ELÉCTR

15_bng_asembleas_abertas_logo_cadrado_blanco (2)O Grupo Municipal do BNG-Asemblea Aberta de Marín, presenta a seguinte moción para o seu tratamento no Pleno Ordinario da Corporación Municipal correspondente ao mes de marzo de 2016:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Miles de usuarios/as  do centro urbano de Marín víronse afectados durante a xornada do día 28 de marzo por un corte na subministración eléctrica de máis de dez  horas por mor de dúas avarías rexistradas na rúa Ezequiel Massoni e dentro do recinto portuario.

 

Cafetarías, comercios, industrias, pequenas empresas e centos de domicilios e mesmo os edificios administrativos e centros sanitarios  rexistraron danos a causa deste longo período sen subministro eléctrico porque as rúas máis afectadas ( Avenida de Ourense, Ezequiel Massoni, A Estrada, Jaime Janer, ..) concentran unha gran poboación e actividade comercial.

 

Tampouco funcionou a rede semafórica, a iluminación pública (que a noite do 28 ao 29, despois de reparada a avaría seguía sen funcionar), nin os teléfonos ou internet. En resumo: un caos que non se puido aliviar nin co despregue de xeradores de emerxencia.

 

As perdas económicas nos bares e pequenas empresas son fáciles de imaxinar, e os danos e prexuízos nos domicilios particulares  innumerables.

A día de hoxe descoñecemos as causas das avarías que deixaron sen subministro de enerxía eléctrica e gas a miles de veciños e veciñas de Marín e tampouco observamos que por parte dos responsables municipais do goberno local haxa intención de pedir responsabilidades.

Ante esta situación, o Concello de Marín, e máis en concreto a Alcaldía, limitouse a lanzar unha mensaxe, a través do Facebook municipal,  nos seguintes termos:

 

RECLAMACIÓN POR INTERRUPCIÓN DE ABASTECEMENTO ELÉCTRICO O DE GAS

Con motivo do corte do abastecemento eléctrico da pasada noite, os usuarios temos dereito a facer a nosa reclamación pola interrupción deste servizo.

Esta reclamación pode facerse de dúas formas, unha é de forma presencial, nas oficinas da súa empresa subministradora, ou a través de internet, por exemplo, a empresa Gas natural Fenosa na súa web,

http://www.gasnaturalfenosa.es/…/1297253…/reclamaciones.html...

Independentemente, pódense dirixir o teléfono de consumo : 900111999

 

Con esta actitude,  o Concello delega  nos particulares as posibles reclamacións a unha empresa que está obrigada a manter o servizo e indemnizar en caso de danos provocados pola falta do mesmo.

 

Por todo isto, instamos ao Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:

 

1.- Instamos ao Goberno Local ha crear unha oficina para a tramitación de todas as reclamacións de particulares ante Gas Natural polos danos producidos pola falta de subministro durante a xornada do día 28 de marzo.

 

2.- Dado o alto número de afectados, o Concello de Marín solicitará da Xunta que desprace persoal  do  Instituto Galego de Consumo  para atender e asesorar esas reclamacións.

 

3.- O Concello facilitará todos os medios posibles para o axeitado funcionamento deste punto de información e asesoramento que será totalmente gratuíto.

 

4.- Todos os veciños e veciñas Terán a posibilidade de informarse e tramitar as súas reclamación a través deste servizo. A oficina tramitará as reclamacións e encargárase ademais de escanear a documentación e facturas que aporte cada afectado, preparando o expediente de reclamación.

 

5.- A delegada de Comercio, coordinará persoalmente este servizo.

 

 

A portavoz municipal.

 

Pilar Blanco López

 

Marín, 29 de marzo de 2016