ACHEGAS DO BNG AO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTÍBEL DO CONCELLO DE MARÍN.

Rolda de prensa do BNG para presentar as súas achegas ao Plan para o Clima

Achegas do BNG ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostíbel do Concello de Marín.
Rolda de prensa do BNG para presentar as súas achegas ao Plan para o Clima

 

Achegas do BNG ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostíbel do Concello de Marín.

Recentemente o Concello de Marín asinou o Pacto Global de Alcaldes polo Clima e a Enerxía e sumouse á Rede de Concellos Ágora polo espazo público da Deputación de Pontevedra.

O Pacto Global de Alcaldes polo Clima e a Enerxía é uma alianza global de cidades e gobernos locais comprometidos coa loita pola mudanza climática, reducindo seus impactos inevitábeis e facilitando o aceso à enerxía sustentábel e accesíbel para todos. Os concellos comprométense a levar adiante actuacións para a redución de gases de efecto invernadoiro nun 40% no 2030.

Dentro desta estratexia de mellora medioambiental para reducir as emisións no municipio o concello de Marín puxo en marcha a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostíbel, planque ten contar coa colaboración da cidadanía no seu desenvolvemento.

ÁGORA é unha rede de acción institucional entre concellos e Deputación a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Os concellos participantes asumen unha serie de compromisos, como son:

  • Incrementar os espazos públicos destinados ás persoas durante o presente mandato e crear infraestruturas de mobilidade alternativa (a pé e en bicicleta)

  • Cumprir en todos e cada un dos proxectos executados os Principios Ágora, así como as publicadas na Guía de Espazos Públicos e Mobilidade Amable, os criterios de intervención de espazos públicos (en redacción) e todos e cada un dos documentos que a propia Rede acorde.

  • A elaborar un Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS). Mediante este plan os concellos desenvolven políticas de regulación da mobilidade e a accesibilidade, a regulación dos estacionamentos, o desenrolo e mellora do transporte público, a ordenación da rede viaria, o fomento da mobilidade a pe e en bicicleta, a supresión das barreiras arquitectónicas, etc.

Desde o BNG consideramos positivo que o concello de Marín forme parte destas iniciativas, así como as intervencións urbanísticas de humanización de rúas que se están facendo. Aínda así, consideramos que son insuficientes e improvisadas e non responden a unha planificación e demostran unha carencia de modelo de cidade para Marín.

Tamén lamentamos que actuacións, como a recente aprobación da ordenanza da Zona Azul, van en contra dos principios asumidos polo concello de Marín na rede Ágora e no Pacto Global de Alcaldes polo Clima e a Enerxía, xa que esta medida vai provocar un incremento do tráfico de vehículos polas rúas de Marín buscando cada dúas horas un novo aparcamento. Polo tanto o BNG solicita que se paralice a posta en marcha da Zona Azul, mentres non se elabora o Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel onde se debe analizar no seu conxunto a situación do tráfico, o aparcamento e a mobilidade en Marín.

Así mesmo, queremos facer as nosas achegas ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostíbel, que son as seguintes:

  • Posta en marcha do Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel. Para dar unha solución global aos problemas de mobilidade: aparcamento, peonalización de rúas, transporte público e comunicación das vilas coas parroquias, estudo do tráfico viario no casco histórico, centro da cidade e periferias.

  • Mellora do transporte público mediante a implantación do transporte a demanda para volver a conectar as parroquias con Seixo e Marín, e das comunicacións con Pontevedra e a comarca do Morrazo incrementando as frecuencias.

  • Fomentar e facilitar o uso de medios de transporte, públicos e privados, non contaminantes: eléctricos, gas natural, etc. Incrementar as vías para bicicletas, posibilitando o seu uso como un medio de transporte efectivo.

  • Implementación de medidas efectivas para facilitar o uso de vehículos eléctricos, comezando pola realización dun censo dos mesmos para coñecer a súa implantación. Potenciación da instalación de puntos de recarga (hoxe Marín non conta con ningún) tanto públicos como privados.

  • Cambio progresivo dos vehículos do Concello de Marín a sistemas non contaminantes (o concello ten que dar exemplo).

  • Humanización real e efectiva do casco histórico, retirando todo aparcamento en ditas zonas, co único aceso os garaxes e persoal de servizos, cun proxecto a longo prazo ampliando a humanización nas rúas lindantes.

  • Realizar estudos enerxéticos e auditorías nos edificios de dominio público do Concello, instalacións municipais, instalacións deportivas….

  • Control monitorizado do consumo eléctrico nos principais edificios municipais, para crear un plan ou estratexia co fin de reducir consumos. Iguales actuacións no consumo e gasto de auga.

  • Auditoría e posterior renovación dos equipos de alumado público, por luminarias máis eficientes, menos contaminantes, con sensores de movemento, incluíndo no proxecto as luminarias públicas das zonas rurais.

  • Seguir co plan Revitaliza, ampliar as zonas de compostoiros comúns no urbano, e os individuais no rural.

  • Crear un plan de aforro enerxético para cada ano, facendo provisión estimada da redución enerxética, e valoración final dos obxectivos acadados ao final do ano.

  • Facer estudo dos distintos consumos de enerxía por sectores no noso municipio. Consumos totais por ano, e balance total por períodos máis extensos. Exemplo consumo por sectores: industria, transporte, residencial, servizos, agricultura e pesca… para saber onde é mais urxente a intervención e ir priorizando necesidades.

  • Realización dun plan empresarial, coa finalidade de que o tecido empresarial marinense, ou que queira implantarse na nosa vila, teña en conta redución de emisións contaminantes, aforro enerxético, o uso de enerxías renovables. Este plan implicaría axudas á formación, bonificación en impostos locais e o cumprimento dos obxectivos marcados.

  • Reducións no pago de recibos municipais, exemplo: redución de un x% en tódolos tributos municipais, se domicilias e pides o recibo electrónico, para diminuír o uso de papel.

  • Redución no recibo da auga para tódalas vivendas que se acollan o plan de motorización do consumo de auga, cumprindo os obxectivos de aforro de recursos naturais. Redución no IBI da veciñanza que habite en edificios que utilizas enerxías renovables ou verdes.

  • Implantación de máis zonas verdes no centro da cidade, maiores coidados no mantemento dos montes, parques naturais e parques e espazos verdes no rural.


 

Marín, 6 de outubro de 2020.

Rolda de prensa do BNG para presentar as súas achegas ao Plan para o Clima