O BNG AMOSOU A SÚA POSICIÓN CONTRARIA AO PROTOCOLO COVID DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN PARA O INICIO DE CURSO POR NON ESTAR CONSENSUADO COA COMUNIDADE EDUCATIVA, E POR NON DAR GARANTÍAS SANITARIAS.

O BNG rexeita no Pleno o protocolo Covid para o ensino

Mobilización da comunidade educativa.
Mobilización da comunidade educativa.

O BNG amosou a súa posición contraria ao protocolo Covid da Consellaría de Educación para o inicio de curso por non estar consensuado coa comunidade educativa, e por non dar garantías sanitarias.

A moción “consensuada” do PP só pretendía branquear á política de custe cero da Xunta para o inicio do curso, que non pasa por ampliar profesorado e diminuír o número de alumnos/as por aula.

O BNG rexeita no Pleno o protocolo Covid para o ensino

Dende o BNG presentamos unha serie de emendas para a proposta de moción conxunta do PP sobre o protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-21 que finalmente non foi posíbel chegar a acordo, xa que o primeiro punto das emendas no que solicitamos amosar o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino.

 

Para o BNG este punto resulta esencial xa que recolle de maneira clara e unánime a posición das ANPAS así como das organización sindicais do ensino, que están representando ao profesorado nas súas solicitudes de desdobre nas aulas para cumprir coa norma establecida para o resto da poboación, o distanciamento persoal así como o reforzo en contratación de persoal nos centros educativos.

 

A Xunta de Galiza elaborou o protocolo sen escoitar as demandas do profesorado e ANPAS primando os criterios económicos por riba da calidade educativa e as garantías sanitarias, impoñéndolle a responsabilidade da súa planificación e execución ao persoal directivo e ao profesorado, ás nais e país, así como aos concellos que se deberán facer cargo da prestación e sobrecuste de certos servizos, sen que a administración competente en materia sanitaria e educativa, a Xunta de Galiza, asuma ningunha delas, aínda que recibirán prestacións económicas do Estado polos fondos COVID19 destinados a cubrir as necesidades en Educación como consecuencia da pandemia.

 

Sen aceptar este punto na moción conxunta, non podemos apoiar unha proposta que só implica o compromiso de levar a cabo unha serie de medidas que xa son competencia do concello xa que o sentido desta proposta debería ser recoller e trasladar as necesidades que dende as ANPAS e profesorado están demandando para a mellora do protocolo de prevención.

 

O Partido Popular presentou una proposta de moción cando xa había unha moción presentada previamente polo grupo do PSOE, quen sí aceptou a nosa emenda, e pese anunciar a súa vontade de traballar en conxunto limitouse a presentar unha serie de puntos que xa entran na súa obriga, non está aportando ningunha mellora nin recollendo as demandas das familias ou dos traballadores do ensino polo que consideramos esta proposta como mero postureo.

 

A educación e a sanidade son aspectos fundamentais para o funcionamento da sociedade. Ante unha crise sen precedentes como a da COVID19, non se pode obviar á totalidade da comunidade educativa facendo recaer sobre eles tal responsabilidade.

 

En Marín, a 14 de Agosto do 2020.

O BNG rexeita no Pleno o protocolo Covid para o ensino