BNG critica o documento da Comisión de Reconstrución porque non supón unha saída xusta da crise

2020072118425175622
2020072118425175600

O deputado Néstor Rego votou non ao ditame da Comisión de Reconstrución Social e Económica porque non incorpora políticas transformadoras que eviten que a crise a paguen de novo os traballadores e traballadoras, nin tampouco asegura unha xestión pública e de calidade da sanidade e dos servizos sociais.

Rego exemplificou coa situación de Alcoa como un dos casos de empresas estratéxicas que deben ser intervidas pola Administración pública para nacionalizalas e asegurar a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo.

O BNG lamenta que tanto PSOE como Unidas Podemos rexeitasen propostas como a xestión directa da sanidade pública, un imposto ás grandes fortunas, reducir o gasto militar ou a recuperación do rescate bancario.

Rego defendeu a necesidade de soberanía para Galiza, para que o noso país teña capacidade para determinar as súas políticas económicas e poida promover un desenvolvemento autocentrado, sobre a base das inmensas potencialidades que posúe.

BNG critica o documento da Comisión de Reconstrución porque non supón unha saída xusta da crise

O Bloque Nacionalista Galego votou en contra do ditame da chamada Comisión de Reconstrución Social e Económica porque considera que os documentos finais non recollen a vontade de desenvolver políticas diferentes ás experimentadas até agora para saír da crise, nin tampouco para asegurar unha xestión pública e de calidade da sanidade e dos servizos sociais e de coidados.

O BNG defendeu desde o primeiro momento en que se constituíu a comisión, que a Galiza tiña que ter a capacidade de decidir de forma soberana para poder impulsar o desenvolvemento económico das súas potencialidades. Entre as propostas presentadas polo BNG atopábase o recoñecemento dos dereitos das nacións para poderen determinar as súas políticas económicas, así como blindar os servizos públicos, especialmente a sanidade e a prioridade das políticas sociais.

Rego sostivo que é necesario que o pobo galego poida controlar os seus recursos naturais, produtivos e económicos, comezando pola recadación de impostos, cunha Facenda propia, para acabar coa drenaxe permanente de recursos pola vía fiscal. “Desde a nosa  perspectiva, o modelo autonómico saído da transición constatouse inadecuado para resolver os principais problemas sociais, económicos e políticos do noso País, especialmente porque non representa un autogoberno real, por iso reclamamos a soberanía para Galiza”, asegurou.

O deputado Néstor Rego lamentou que tanto o PSOE como Unidas Podemos rexeitasen as propostas presentadas polo BNG para asegurar a xestión directa da sanidade pública, para a intervención pública das residencias de maiores, para estabelecer un imposto ás grandes fortunas, recuperar os rescate bancario, reducir o gasto militar ou nacionalizar as grandes corporacións dos sectores estratéxicos da economía, comezando por aquelas que foron públicas e non deberon ser privatizadas.

Rego puxo como exemplo a situación de Alcoa, co inminente despedimento de máis de 1.000 traballadores e traballadoras como un dos casos de empresas estratéxicas que deben ser intervidas pola Administración pública para asegurar a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo. 

“Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira” salientou o deputado do BNG.

No referente a sanidade, o BNG defende que debe ser xestionada dende o público para garantir a calidade e o criterio de servizo. Os nacionalistas apostan porque os recursos públicos se destinen á sanidade pública e eliminar a posibilidade de xestión a través doutros entes, fundacións e aquelas políticas privatizadoras. 

En todo caso, o deputado nacionalista, Néstor Rego, considera moi importante que fose incorporada a emeda proposta polo BNG para eliminar a taxa de reposición de efectivos na sanidade tendo en conta que este era até agora un dos principais obstáculos para aumentar o persoal da sanidade pública e a súa desaparición permitirá -se houber vontade política- fortalecer a sanidade públicas e reverter as políticas de privatización e de recortes realizadas.

 

https://www.youtube.com/watch?v=YNUXx5LZ7EA&feature=emb_logo

BNG critica o documento da Comisión de Reconstrución porque non supón unha saída xusta da crise