Ramallo pasa por riba da Corporación Municipal e renuncia alegar ao expediente de caducidade de ENCE

Ramallo pasa por riba da Corporación Municipal e renuncia alegar ao expediente de caducidade de ENCE

imagesWPTJYMIL“A pesar da solicitude expresa de que convocase a todos os grupos municipais, a alcaldesa obrou pola súa conta sen dar ningún tipo de explicacións”, afirma Xosé María Vilaboa

O concelleiro do BNG, Xosé María Vilaboa, denuncia as formas coas que ven de actúar a alcaldesa de Marín, María Ramallo, con respecto ao expediente público da caducidade da concesión outorgada a empresa pasteira de Celulosas:

“O BNG solicitou formalmente no pleno do pasado día 9 de xaneiro que a alcaldesa convocase a Xunta de Portavoces, despois de que se nos entregase a comunicación da Dirección Xeral de Costas en Pontevedra da apertura do trámite de audiencia ao Concello de Marín para presentar alegacións ao expediente das causas de caducidade no procendemento da concesión outorgada a ENCE. Esta solicitude volveuse reiterar o luns 12 con motivo da reunión mantida con representantes do comite de empresa da CIG do servizo 061. A alcaldesa deu a súa palabra de que convocaría aos portavoces de todos os grupos para analizar o expediente e os termos en que podería alegar o concello de Marín”, lembra o concelleiro do BNG.

“Mais a señora Ramallo, pasando por riba da Corporación Municipal e desoíndo a nosa solicitude, non convocou aos grupos municipais e nin sequera se molestou en dar unha simple explicación de porque non se nos convocaba”, afirma.

O edil do BNG cre que “é preciso que toda a cidadanía de Marín sexa coñecedora da forma de actúar desta señora, que incumpre os mínimos esixibles nun sistema democrático: respectar a pluralidade dos órganos e dar opción a que todas as partes teñan a opción, como mínino, de expresar a súa opinión, máxime cando se trata dun expediente público como este no que só o Concello ten opción a alegar en nome da cidadanía”.

Sen informes técnicos nin xurídicos

“A cambio, a señora alcaldesa asina un escrito de sete liñas nas que fai “consideraciones” ao expediente, sen telo sometido nin a informes técnicos nin xurídicos do Concello”, informa o edil nacionalista.

images2“Nesas sete liñas, Ramallo demostra as súas fondas preocupacións: que ENCE e os concellos  sigan  emitindo residúos á ría a través do emisario submariño e que a depuradora de Praceres se poida legalizar unha vez que a sentenza deixa patente que a Xunta de Galicia edificouna incumprindo o título concesional da empresa pasteira”, sinala.

“Sobre o incuprimento da concesión, os prexuízos ao medio ambiente, os efectos sobre os bancos marisqueiros, os reiterados incumprimentos de ENCE en canto ás licenzas de obra outorgadas para as ampliacións acometidas nos últimos anos por incumprir a Lei de Costas, e outros aspectos de transcendencia para o noso concello, a señora Ramallo non ten nada que dicir nin dá opción a que os demais opinemos”.

“Unha vez máis queda ben claro a quen defende a alcaldesa do PP de Marín e o seu partido, mágoa que no amosasen a mesma dilixencia cando os veciños do litoral de Marín se enfrontaron coas multas do Ministerio e da Xunta por cometer o crime de facer as súas casas máis habitables”, finalixa Xosé M. Vilaboa.

 

Marín, 24 de xaneiro de 2015

Ramallo pasa por riba da Corporación Municipal e renuncia alegar ao expediente de caducidade de ENCE