MOCIÓN RELATIVA Á MUNICIPALIZACIÓN DA RECOLLIDA DO LIXO EN MARÍN

MOCIÓN RELATIVA Á MUNICIPALIZACIÓN DA RECOLLIDA DO LIXO EN MARÍN

 colectores web

 

MOCIÓN URXENTE RELATIVA Á MUNICIPALIZACIÓN DA RECOLLIDA DO LIXO EN MARÍN

 

O Grupo Municipal do BNG-AA de Marín presenta a seguinte moción relativa á municipalización do servizo de recollida do lixo en Marín, para o seu tratamento, pola vía de urxencia,  polo Pleno da Corporación Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

O Concello de Marín ven de denunciar o contrato que mantén coa empresa privada para a xestión da recollida do lixo. Foron moitos os problemas que se manifestaron ao longo do tempo da concesión.

O actual equipo de goberno está a preparar un novo concurso administrativo para que dita xestión continúe en mans dunha empresa privada.

Está demostrado que este tipo de  xestión dos servizos públicos, resulta case sempre máis caro porque as novas empresas que asumen o servizo  deben pagar costes e ademais conseguir beneficios:  se se manten o prezo, recortase en persoal ou na calidade da prestación. A outra alternativa é a de renuciar ás ganancias, circunstancia  esta que nunca se vai dar.

En paises europeos, como Francia o Alemaña, e mesmo no Estado español, hai anos que se comenzou o debate  sobre a xestión directa o indirecta dos servizos públicos. Son moitos os exemplos de concellos do Estado (de todas as cores políticas) que remunicipalizaron a xestión de servizos básicos como a recollida do lixo conseguindo importantes aforros.

Este asunto atópase de plena actualidade no noso Concello, por iso é o momento no que debemos dar o debate sobre  o modelo de xestión do servizo de recollida do lixo tendo en conta as necesidades da sociedade e a situación económica.

Debate  que  debe realizarse co máximo rigor. Coñecendo os aspectos económicos e laborais  que conleva, así como a viabilidade, vantaxes e inconvintes das distintas fórmulas de municipalización do servizo público de recollida do lixo.

Estas son as razóns polas que solicitamos ao Pleno do concello de Marín  a adopción do seguinte Acordo:

 

O Pleno da corporación acorda solicitar a realización dun estudio por parte dos servizos técnicos muncicipais sobre a viabilidade da xestión directa (remunicipalizacion) do servizo público de recollida do lixo actualmente privatizado.

 

Este estudo encargárase de xeito inmediato e de acordo cos prazos abertos para o novo período de contratación.

 

 

 

 

A portavoz municipal,

Pilar Blanco López

Marín, xuño de 2016