A hostelería reclama unha programación cultural de calidade e máis protección para o sector

A hostelería reclama unha programación cultural de calidade e máis protección para o sector

webO BNG reuniu a profesionais do sector para marcar as liñas de actuación dende un posible  goberno municipal

O BNG-AA de Marín reuniu aos profesionais da  hostalería para marcar as actuacións que se deberían levar a cabo dende o goberno municipal para revitalizar e protexer ao sector.

“Ao igual que nos expresaron os comerciantes anteriormente, os hosteleiros botan en falta unha programación cultural estable e de calidade en Marín que reteña á poboación na nosa cidade nas horas de lecer”, explica Pilar Blanco.

“Os bares e restaurantes da nosa cidade ven como Marín vai perdendo importancia fronte a outros concellos veciños que si saben atraer  aos visitantes con actividades de fin de semana e unha programación estable durante todo o ano que se dá a coñecer coa antelación suficiente para que o posible cliente faga os seus plans”, engade.

“Queixanse tamén dunha presión fiscal excesiva que lles deixa pouco marxe de beneficio e que os hostiga particularmente e que se deixa sentir particularmente nun sector que vive do lecer e da capacidade económica dos clientes tamén afectados pola crise”.

Dende o BNG comprometémonos a levar adiante unha axenda cultural e de lecer capaz de reter á poboción de Marín e de atraer visitantes

Os pequenos empresarios e autónomos que configuran o mapa deste sector en Marín, botan en falta a implicación do Concello na revitalización do sector, e a falta de iniciativa para levar a cabo actividades de culturais e de lecer que atraían ao turismo e que reteñan aos propios marinenses que buscan no entorno veciño o que Marín non lles ofrece.

Ao mesmo tempo denuncian a falta dunha reglamentación que regule os ruídos e a dilixencia do goberno local actual á hora de impedir que os propios locais organicen eventos destinados a atraer público e en especial á xuventude que atopa en Pontevedra ou Bueu o que Marín lles nega: “É preciso regular as actividades que a iniciativa privada poida levar a cabo en Marín para evitar a arbitrariedade á hora de sancionar aos locais de ocio, tamén necesarios e xeradores de riqueza e emprego na nosa cidade”, afirma a candidata do BNG, Pilar Blanco.

“Dende o BNG comprometémonos a levar adiante unha axenda cultural e de lecer capaz de reter á poboción de Marín e de atraer visitantes. Debe ser o Concello quen xenere as condicións axeitadas e na medida que o consiga o sector activarase e seremos capaces de crear expectativas de futuro para os emprendedores que queiran establecerse na nosa cidade”, afirma Pilar Blanco.

“O noso compromiso tamén pasa por aplicar unha normativa que dea seguridade ao sector á hora de levar adiante unha actividade de lecer, e por aplicar medidas fiscais que alivien a situación de asfixía económica de moitos pequenos negocios que así poderían investir beneficios no propio local e en xerar emprego”, engade.

Marín, abril de 2015