O Concello e a Xunta terán que actuar no prazo dunha semana para evitar o dano dos cabalos soltos

O Concello e a Xunta terán que actuar no prazo dunha semana para evitar o dano dos cabalos soltos

 

Foto F. de Vigo

É o resultado da reunión celebrada a instancias do BNG

Despois da reunión celebrada esta mañá a instancias da moción presentada polo BNG, o Concello e a Consellaría de Medio Rural terán que actuar no prazo dunha semana para evitar que os cabalos sen indentificar polo seus propietarios volvan facer dano nas fincas e nas plantacións forestais.

“O delegado de Medio Rural informou de que só hai dous lugares de acollida en todo Galiza para os animais que sexan confiscados, e a miúdo están saturados. Polo tanto o Concello debe habilitar un espazo para acoller temporalmente aos animais sen identificar”, informa a portavoz do BNG Pilar Blanco.

“Pola súa parte o Concello debe localizar aos donos dos cabalos ceibes para advertirlles de que estes serán confiscados se nun prazo curto de tempo non os identifican”, engade.

53565ed77957d-marinweb“Esperamos que, tanto a Consellaría como o Concello actúen tal e como acordamos, de non ser así os responsables dos danos serán eles mesmos por omisión e falta de dilixencia a hora de aplicar os decretos que eles mesmos aproban pero que logo na práctica non se levan a cabo. O que non pode seguir pasando é que sexan os particulares e as comunidades de montes as que sufran as consecuencias e vexan como os seus esforzos se reduzan á nada por a falta de dilixencia das admistracións competentes”, finaliza Pilar Blanco.