Comunicado sobre a falta de mantemento do Multiusos

Comunicado sobre a falta de mantemento do Multiusos

A obra do Multiusos da Praza de Abastos de Marín rematouse de construír en abril de 2011. A Concellaría de Mercado que dirixía eu mesmo, Xosé María Vilaboa (BNG) impulsou o acondicionamento deste espazo que levou a cabo unha empresa de Marín. Todos os traballos: capintería (de madeira e aluminio), cantería, albanilería,… foron encargados a profesionais de Marín. O resultado, ao noso parecer, nun puido ser mellor. Incluso a acústica é case perfecta para un espazo que só pretendía ser un complemento máis á falta de espazos públicos da nosa cidade, mais que finalmente acabou sendo, con moito, o máis utilizado. O Multiusos serve para todo: concertos, magostos, ceas e comidas, mitíns, bailes, eventos deportivos,…e algúns xa non se lembran onde tiñan que facer todo isto antes de que ao BNG se lle ocurrrira converter un espazo infrautilizado nunha dotación polivalente e por riba levalo a cabo. Das críticas dende a oposición, e incluso agora, dende o goberno,  xa nin falar.

Para mostra as declaracións da señora María Antonia Sanmartín, concelleira delegada de Medio Ambiente (!) con motivo da auga que entrou no Multiusos o pasado 15 de xaneiro: “La concejala de Medio Ambiente, la popular Marián Sanmartín, admitió este problema para el que el Concello busca solución. Las goteras han sido un problema persistente en el Multiusos desde su apertura, y este inconveniente es muy molesto porque el local es el centro cultural más utilizado por los colectivos y asociaciones del municipio”.

Para empezar sorprende que en catro anos de goberno non foran capaces de solucionar “ese inconveniente tan molesto” que afirma existe dende a súa construción, vese que, polo menos nos días en que o PP truxo a Feijóo ou a Gallardón non lle cadrou con pingueiras. E para seguir, sorprende máis aínda que despois da crítica non explicase cal é o auténtico problema: a falta de mantemento básico que require calquera obra. E aínda máis: a limpeza das canaletas que a señora Sanmartín deu a orde de facer ao día seguinte da entrada da auga.

Cuberta do Multiusos, sábado 17 de xaneiro 2015web Cuberta en xuño, sen limparweb

Na foto que acompañamos podedes observar cal é o sistema de desaugue da cúpula do Multiusos: unha canaleta rodea  parte plana. Os orificios sinalados corresponden aos desaugues que en número de 7 baixan ao patio interior (os tubos grises pegados os arcos do mercado). A grava protexe un tecido xeotextil que impide que os axentes meteorolóxicos danen o illamento térmico e a impermeabilización da cuberta.

 

A foto foi sacada o día 17 de xaneiro.  Ademais de limpar a canaleta (despois de catro anos), os operarios mal asesorados (pois á concelleira non se lle pasou pola cabeza falar co arquitécto que dirixiu ás obras de construción e que diseñou este espazo, tamén de Marín por certo), retiraron a grava que protexe o xeotextil deixándoo a expensas dos efectos da chuvia e o sol, o cal acabará provocando o seu deterioro.

Onde hai pingueiras e persistentes é no goberno local do PP, que aparte de non ser quen de dotar a Marín do superauditorio que prometían na punta do muelle(!), deixou perder a casa de Cruz Gómez, é incapaz de facerse co edificio Baladrón nin de facer que os propietarios o manteñan en condicións, ten pechado o centro dos Petróglifos que lle deixamos rematado(só por citar algún exemplo), e por riba é incapaz incluso de manter en condicións os edificios que recibiu do goberno anterior.

 

Asinado,