O BNG quere saber que pensa facer Ramallo para defender os postos de emprego no Porto

O BNG quere saber que pensa facer Ramallo para defender os postos de emprego no Porto

antenawebOs nacionalistas instan á alcaldesa a que deixe de ocultar información con respecto ao PXOM  e ao Porto de Marín

O BNG resposta ás declaracións de María Ramallo sobre ás sentenzas  do  Porto e do PXOM  de Marín e quere saber como pensa afrontar a senteza sobre os recheos ilegais, xa que, en palabras súas, e en referencia á sentenza sobre as antenas de telefonía móbil, “las sentencias se acatan y punto”.

“Nadie tiene la culpa”

Despois de ocultar a sentenza, a señora Ramallo tomou a decisión unilateral de non recorrela: “A alcaldesa non só ocultou información ao resto de grupos políticos e a cidadanía de Marín, senón que decidiu pola súa conta non recorrer a sentenza para o cal o xuíz establecía un prazo de 10 días que transcurriu sen que ninguén, a parte dela, tivese ceñecemento”, afirma o concelleiro do BNG, Xosé María Vilaboa Ramos.

webprensa“Grazas a esta decisión a partir de xa haberá que aplicar a lei aprobada polo goberno de Rajoy en maio deste ano, a cal permite instalar sen límite antenas de telefonía móbil  e as operadoras poderán exercer a expropiación forzosa de azoteas de edificios en caso de oposición veciñal”. “Pero para Ramallo cando os problemas son consecuencia directa das decisións do PP no es culpa de nadie”, engade Vilaboa Ramos.

“O lóxico sería recorrer a sentenza e defender as restriccións que establece o PXOM  sobre este tema, pero a señora Ramallo preferiu ocultala, e non sabemos que máis esconde porque segue sen informarnos”.

“Defender al Puerto”

“Se defender ao Porto, segundo Ramallo, é conseguir até catro sentezas firmes que obrigan non só a derrubar os recheos, senón tamén a nave de Cabomar na cal traballan máis de 100 persoas, case mellor que deixe de defendelo”, ironiza o concelleiro do BNG.

Imaxe:Concello de Marín

Vilaboa Ramos lembra que: “ O Concello concedeu licenza a Cabomar en base ao Plan Especial do Porto de 2005, do cal  é responsable a señora Ramallo, e que foi anulado polo TSXG. A mesma sentenza anula a licenza concedida a Cabomar e  obriga ao seu derrube por parte do Concello. A día de hoxe non sabemos que pensa facer a alcaldesa para evitar que os postos de traballo, dos cales dependen máis de 100 familias, non se perdan”. “Probablemente a única saída que lle teña preparada o PP sexa irse de Marín, o cal o BNG non está disposto a aceptar”.

“A realidade é que , por culpa das decisións dos sucesivos gobernos do PP ao fronte da Xunta e do Porto de Marín, hoxe os postos de traballo das empresas asentadas sobre os recheos están en perigo mentres a señora alcaldesa segue cobrando do consello de administración e mirando para outro lado cando se trata de asumir responsabilidades e de buscar solucións”, finaliza Xosé María Vilaboa.

 

Marín, 27 de agosto de 2014