O BNG de Marín prepara unha homenaxe á figura de Francisco Carballo

Francisco Carballo durante á homenaxe en Marín no 2005
Francisco Carballo durante á homenaxe en Marín no 2005
O BNG de Marín prepara unha homenaxe á figura de Francisco Carballo

Francisco Carballo durante á homenaxe en Marín no 2005

O BNG de Marín  prepara unha homenaxe á figura de Francisco Carballo

Un gran acto nacional terá lugar, no mes de xaneiro, na vila onde residiu moitos anos

O BNG de Marín prepara unha gran  homenaxe con carácter nacional á figura de Francisco Carballo, falecido en Salamanca o pasado 29 de novembro.

Francisco Carballo residiu en Marín durante gran parte da súa vida: dende 1954 a 1958 foi director técnico do colexio  os PP Paúles, “San Narciso”,  e dende a súa xubilación como mestre voltou a sede dos paúles en Marín exercendo tamén como Superior  da Comunidade.

Mais a figura de Francisco Carballo vai moito máis alá do relixioso: “Profesor, político, historiador e sobre todo, unha vida dedicada á defensa de Galiza e comprometido co nacionalismo dende a súa militancia, primeiro na ANPG, e até o fin da súa vida no BNG”, sinala o responsable local da formación nacionalista en Marín, Xosé María Vilaboa.

“Carballo é un referente na dignificación da nosa nación. En Marín son moitas as persoas que tiveron contacto directo con el e a ocasión de aprender todo o que sempre estaba disposto a ensinar e compartir. Así se demostrou na homenaxe que o BNG de Marín organizou en 2005 á que, ademais de figuras sobranceiras do nacionalismo, sumáronse moitos marinenses que tiveron oportunidade de celebrar con el o que significa toda unha vida de compromiso nacionalista e de dedicación á  investigación e a recuperación da nosa historia roubada”, lembra o responsable local.

“É obrigado por tanto reinvindicar agora a súa memoria e dar oportunidade ao pobo de Marín, e a todas as persoas que sen dúbida se sumarán, de homenaxear ao seu mestre a través deste acto que preparamos para o mes de xaneiro, e cuxa data concretaremos en breve”, finaliza o responsable local do BNG.

 

Marín, 6 de decembro de 2014