O BNG lémbralle a Ramallo que xa tivo financiamento para o campo de Seixo e deixouno perder

Louzán e Ramallo anunciando obras nas gradas de San Pedro e terra batida en Seixo
Louzán e Ramallo anunciando obras nas gradas de San Pedro e terra batida en Seixo
O BNG lémbralle a Ramallo que xa tivo financiamento para o campo de Seixo e deixouno perder

Seixoweb1“Ramallo debería explicar onde estan os 200.000€ que prometou Lete Lasa e porque perdeu unha subvención do Consello Superior para o Deporte destinados ao campo de fútbol de Seixo”

O BNG sae o paso das declaracións electoralistas da actual alcaldesa do PP de Marín, María Ramallo, para lembrarlle que o compromiso do actual Secretario Xeral para o Deporte, Lete Lasa, tamén do seu partido, dun investimento de 200.000€ para o campo de fútbol de Seixo.

“Antes de facer anuncios electoralistas, a señora Ramallo debería explicarnos onde están os 200.000€ anunciados polo Secretario Xeral e porque, en grado de alcaldesa, nos catro anos de mandato, nunca reclamou este financiamento para Seixo”, afirma o concelleiro nacionalista, Xosé María Vilaboa.

“A Xunta do PP desbotou o proxecto do BNG cando estaba no goberno de poñer a punto as pistas de atletismo de San Pedro, e anunciou a cambio un investimento moito menor no campo de fútbol de Seixo que nunca chegou a materializar”, afirma Vilaboa Ramos, quen tamén lembra que “que o goberno local do PP perdeu unha subvención de 60.000€ concedida polo Consello Superior para o Deporte do goberno do Estado por non facer o investimento que ía destinado ao campo de Seixo”.

“Se a alcaldesa exercera como tal hoxe Seixo podería contar cun campo de fútbol, xa que os  60.000€ concedidos polo goberno do Estado, xunto cos 200.000€ anunciados pola Xunta farían factible poñer a punto o campo nos terreos cedidos polo Centro Recreativo de Seixo”.

Louzán e Ramallo anunciando obras nas gradas de San Pedro e terra batida en Seixo

“Tamén poderíamos lembrar a visita de Louzán a Marín en setembro de 2011, en plena crise da ambulancia, para anunciar un “Plan de mellora de infraestruturas deportivas, que incluirían a construcción dunha nova grada no campo de fútbol de San Pedro,  ademais a instalación dun campo de terra batida en Seixo. Ou a ocorrencia  do señor Traba de botar formigón enriba das pistas de atletismo, menos mal que todo acabou en anuncios falsos dado o resultado das obras nos vestiarios de San Pedro, pero diso xa falaremos”, anuncia o concelleiro do BNG.

“En catro anos a única xestión que fixo a actual acaldesa foi dar a orde de levantar ben alto o muro  que rodea o campo para que non poidamos ver as xestas e as silvas que medran onde debería haber nenos e nenas xogando se non fóra polo esmero da señora Ramallo”, finaliza Xosé María Vilaboa.

Marín, 24 de febreiro de 2015