O BNG eleva ao Parlamento Galego a sentenza do Tribunal Supremo sobre os recheos ilegais do Porto

CC BY-NC-SA
CC BY-NC-SA
O BNG eleva ao Parlamento Galego a sentenza do Tribunal Supremo sobre os recheos ilegais do Porto

CC BY-NC-SA

Os nacionalistas solicitan medidas para garantir que os postos de traballo permanezan no termo municipal de Marín

O BNG, a través do seu deputado, Daniel Rodas, ven de presentar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da cal se insta ao Goberno galego a enfrontar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que declarou non ter executada a sentenza do Tribunal Supremo do 30 de outubro de 2009 que anula a aprobación definitiva do Plan Especial do Porto de Marín-Pontevedra, declara ilegais as obras de recheo, licenzas e obrigaba á súa reposición ao estado orixinal.

Dirimir responsabilidades

RECHEOSAdemais os nacionalistas esixen que se diriman as correspondentes responsabilidades políticas: “ A sentenza obriga ás tres institucións implicadas, Xunta de Galicia(nun 30%), Deputación Provincial(nun 20%), e Autoridade Portuaria(50%), á reposición da zona portuaria á anterior situación e estado, e con toda probabilidade, van correr a mesma sorte os posteriores recheos realizados tras os declarados ilegais, sendo responsables dos mesmos Alberto Núñez Feijóo (naquela altura Conselleiro de Política Territorial, e actual Presidente da Xunta), Rafael Louzán (Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra) e María Ramallo (da aquela Presidenta da Autoridade Portuaria e actual Alcaldesa do Concello de Marín)”, afirma o deputado do BNG. “A gravísima irresponsabilidade demostrada por parte dos dirixentes políticos das administracións citadas teremos agora que págala todos e todas”, engade.

Permanencia dos postos de traballo no termo municipal de Marín

Os nacionalistas queren saber tamén que ten pensado facer o goberno galego para solucionar os problemas de inseguridade xurídica no que permanecen as instalación portuarias: “ A solución aportada pola Xunta de Galicia de ir aprobando sucesivos plans  cos que pretendían modificar o anteriormente anulado non dan solución á ilegalidade dos recheos”, indica  o concelleiro do BNG en Marín, Xosé María Vilaboa. “A este cúmulo de despropósitos, debemos sumar a recente sentenza da Audiencia Nacional, na que se anula a Orde do Ministerio de Fomento pola que se aproba a modificación do Plan de Utilización dos Espazos Portuarios. Isto sitúa ás empresas aloxadas no espazo portuario declarado ilegal, nunha situación moi complexa. As consecuencias para a empresa Cabomar son a anulación das  licenzas de obras e de instalación e por resolución xudicial ordenase ao Concello de Marín dispoñer a demolición das obras executadas”, engade.

Queremos que se  garanta a permanencia dentro do termo municipal de Marín das industrias afectadas pola sentenza do TS , e os postos de traballo ligados a elas

“Queremos que se garanta a permanencia dentro do termo municipal de Marín, ou como mínimo da comarca do Morrazo, das industrias afectadas pola sentenza do Tribunal Supremo , e os postos de traballo ligadas a ela. “Non podemos consentir que se poñan en perigo os centos de postos de emprego ligados a estas empresas, pero tamén sabemos que  dificilmente a señora Ramallo, responsable directa da aprobación do plan do 2015, non está en posición de defender nada, por iso cala a boca cando outros municipios xa están propoñendo espazos para levar as empresas fóra de Marín”, afirma o concelleiro do BNG.

Marín, 9 agosto de 2014