O BNG demanda no Congreso facilidades para o envio de medicamentos a Palestina

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez
A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez
O BNG demanda no Congreso facilidades para o envio de medicamentos a Palestina

Material sanitario e medicamentos recollidos en Marín

O BNG ven de presentar unha iniciativa no Congreso demandando medidas por parte do Estado Español, para que se desactive o bloqueo que a Agencia Estatal del Medicamento está impoñendo ao envio do material sanitario e os medicamentos recollidos por miles de voluntarios en todo o Estado en axuda ao pobo palestino.

Comunicado da Asociación Médica Hispano-Palestina

Hai escasos días a Asociación Médica Hispano-Palestina, comunicaba a todos os voluntarios implicados na campaña de recollida de material sanitario en axuda á poboación de  Gaza, que por parte da  Agencia Estatal del Medicamento rexeitara o material recollido e esixía a reclasificación de todos os medicamentos para facer posible o envío a Palestina.

“A pesar de que a Asociación presentou a documentación esixida pola Axencia, esta rexeitouna en base a que incumpria os requisitos por ser doacións particulares, esixíndolles a reclasificación de todos os medicamentos”, explica a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“A Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID),  ofréceuse para pagar o transporte a Gaza, mais pon como condición indispensable a obtención do permiso de exportación de axuda humanitaria que debe expedir a Agencia Estatal do Medicamento”, engade

Polo momento só o material médico sanitario que non sexan medicamentos está a ser enviado.

Iniciativa no Congreso

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez

“Cando recibimos esta comunicación a través de Yamil Abu Saada, vicepresidente da Asociación, puxémonos inmediatamente en contacto coas  deputadas do BNG no Congreso para levar adiante unha iniciativa dirixida directamente ao Goberno Español co obxectivo de que facilite o envio de todo o material médico o antes posible a Gaza. Dende o BNG non entendemos como o propio goberno pode poñer dificultades ao traballo de miles de persoas voluntarias para atender unha emerxencia humanitaria”, explica a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“Dende o BNG solicitamos explicacións sobre os motivos do reixeitamento de toda a documentación presentada, e pensamos que é posible facer as cousas de outra maneira tratándose dunha emerxencia humanitaria. Nestes casos os criterios que deben rexer son os de solidariedade, compromiso humanitario e emerxencia social da poboación e non os das esixencias burocráticas”, explica.

“O goberno de España debería dar exemplo e prestarse a coloborar no envio e dar así cumprimento ao desexo solidario das miles de persoas que se implicaron altruistamente na axuda ao pobo palestino”, finaliza Pilar Branco

 

Marín, 20 de novembro de 2014