O BNG considera totalmente inaceptable que a Xunta non teña data para o saneamento integral da ría

O BNG considera totalmente inaceptable que a Xunta non teña data para o saneamento integral da ría

310O BNG considera totalmente inaceptable que  a Xunta non teña data para o saneamento integral da ría

“En resumo,  a conselleira veu a Marín a decirnos que hai vertidos pero que ela non ten a culpa”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

O BNG considera totalmente inaceptable que a máxima responsable en materia de Medio Ambiente do goberno da Xunta viñese a Marín para anunciar un plan de saneamento da ría para o cal nin ten data de execuación nin orzamento para levalo a cabo:

“Curiosamente este tipo de anuncios por parte do PP sempre coinciden con episodios que poñen en evidencia os vertidos continúos á ría dende a EDAR  de Práceres que xestiona Augas de Galicia e coas denuncias das mariscadoras”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

Gustaríanos crer a palabra da conselleira e que o plan tivese data de incio e de finalización e un compromiso orzamentario para levalo a cabo, máis todo se limita a pura propaganda electoral

“Aínda así gustaríanos crer a palabra da conselleira e que a precipitada presentación deste plan o pasado xoves en Marín, á cal non fomos invitados, non se limitase a un acto partidista e electoralista  e o que o plan tivese data de incio e de finalización e un compromiso orzamentario para levalo a cabo”, engade.

Canon de saneamento

“De ter sido invitados, lembraríamoslle á responsable da Xunta, que esta recauda en Marín máis dun millón de euros en canon de saneamento e auga dende que entrou en vigor a Lei de Augas aprobada polo PP e que lle supuxo aos veciños unha subida no recibo de máis dun 300% en moitos casos”. “Una lei totalmente recaudatoria xa que é evidente que eses cartos non se están destinando a sanear a ría e evitar os vertidos”, afirma a portavoz do BNG.

Colector de Marín e convenio de saneamento

“Menos mal que no ano 2010, cando o BNG xestionaba a concellaría de Medio Ambiente de Marín,  e cando aínda non existía a Lei de Augas do PP, asinamos o convenio de saneamento que a Xunta, aínda que con moito retraso, está a levar a cabo no noso concello. Estas son as únicas obras das que pode dar conta a conselleira e lamentamos que non ter tido a oportunidade de avaliar conxuntamente o grado de desenvolvemento”, lamenta Pilar Blanco.

307“Tamén nos gustaría que aclarase porque o proxecto do novo colector de Marín non actúa sobre todo o trazado e porque a Xunta aproba un proxecto que limita o caudal de Marín a EDAR e condiciona o seu funcionamento á un tanque de retención que vai aliviar á ría”, engade. “Resulta totalmente contradictorio que se veña a anunciar un plan de saneamento cando se rexeitan as alegacións do BNG nas que solicitábamos que se actuase sobre a totalidade do colector xeral de Marín, tal e como recollen os propios estudos realizados pola Xunta e Augas de Galicia”.

Fondos europeos e denuncia de Bruxelas

“Resulta como mínimo paradóxico que a conselleira fale de fondos europeos para levar a cabo este hipotético plan cando a  Comisión Europea anunciou hai só dous meses que denunciará a España ante os tribunais por non garantir  que as augas residuais urbanas sexan tratadas adecuadamente, resaltando entre elas as da ría de Marín-Pontevedra, mais a pesar disto o PP segue negando problemas na depuradora de Práceres e ven a anunciar un plan que non se sabe en que consiste nin cando se executará”, finaliza Pilar Blanco.

Marín, 28 de febreiro de 2015

Fotos: Concello de Marín