Aprobada a moción do BNG para evitar os danos dos cabalos soltos nas fincas de Santomé

Foto F. de Vigo
Foto F. de Vigo
Aprobada a moción do BNG para evitar os danos dos cabalos soltos nas fincas de Santomé

foto La Voz de G.

En breve convocárase unha reunión coa presenza das administracións implicadas

O BNG presentou unha moción urxente durante o pasado pleno na que se solicitou que se convoque, á maior brevidade, unha reunión entre  representantes das consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente, a Comunidade de Montes de Santomé, e os portavoces municipais  para analizar a situación causada pola presenza de cabalos ceibes nas fincas da parroquia e buscar unha alternativa que evite os danos que causan estes animais nos cultivos da zona.

O concelleiro nacionalista Xosé María Vilaboa, explica que  “os veciños xa se dirixiron ao goberno local do PP en varias ocasións pero non recibiron resposta, polo tanto o máis factible é convocar as administracións competentes para que deixen de pasarse a pelota do problema entre elas e asuman que hai que darlle unha solución tanto aos propietarios das fincas,  como aos propios comuneiros que ven como os gando mostrenco destrúe os seus cultivos e as súas plantacións ante a pasividade das administracións e irresponsabilidade dos donos dos cabalos”.

Foto F. de Vigo

“Os donos teñen obriga de ter o gando identificado e de facerse cargo dos cabalos e dos danos que produzan, pero se non se fan responsables debe ser a administración a que actúe, dende o Concello non se pode mirar para outro lado. ”, engade o concelleiro do BNG.

Unha vez aprobada a moción, os nacionalistas esperan que o goberno local non se durma e se convoque a reunión canto antes: “É preciso que entre Xunta e Concello arbitren canto antes medidas para evitar danos. En poucas semanas as fincas volverán estar expostas a que os cabalos estraguen os cultivos de millo e outras plantacións que se sementan agora”, precisa Vilaboa.

Marín, 17 de marzo de 2013