Os vertidos de augas fecais sucédense por falta de mantemento da rede

Aspecto actual do balsa do bombeo de Mogor
Aspecto actual do balsa do bombeo de Mogor
Os vertidos de augas fecais sucédense por falta de mantemento da rede

O rebosadoiro cae directamente ao río

A última vertedura tivo lugar na praia de Loira na tarde do luns

Un novo vertido de augas fecais, desta volta no bombeo de Loira, provocou a contaminación do río e  da praia na que desemboca, na tarde do luns.

As alarmas non funcionaron

“Foron os propios veciños os que alertaron á Policía Local de que un abundante vertido procendente da rede de augas fecais estaba chegando á praia de Loira”, informa a portavoz do BNG, Pilar Blanco. “Que foran os propios veciños os que tiveran que dar a alerta implica que o sistema de alarmas dos bombeos que deben recibir os técnicos municipais tampouco funcionan”, engade.

A auga cargada de fecais chega á praia en poucos minutos

“Este novo vertido evidencia unha falta de mantemento axeitado da rede municipal de saneamento e sobre todo dos bombeos, imprescindible para evitar que este tipo de contaminación que chega ao mar en poucos minutos e en horas de máxima afluencia”, advirte.

As estacións de bombeo no abandono

“Proba desta falta de atención e mantemento é o aspecto que presentan as dúas estacións de bombeo principais que recollen as augas fecais das parroquias do rural, o bombeo de Mogor e o de Loira”.

“A balsa da antiga depuradora de Mogor acondicionouse como pozo de retención en caso de fallo do bombeo. Estas obras leváronse a cabo no ano 2009 durante a xestión de goberno do BNG, pero hoxe a estación presenta un aspecto deplorable no que as silvas invaden a balsa que presenta signos evidentes de abandono”, afirma a concelleira nacionalista.

Aspecto actual do balsa do bombeo de Mogor

O goberno actual do PP paralizou todo tipo de actuacións para evitar os vertidos ao mar: “ A estas alturas a balsa da antiga depuradora de Loira xa debería estar adaptada como rebosadoiro do bombeo para evitar verquidos ao mar en caso de fallo do bombeo”, explica Pilar Blanco.

O goberno actual do PP paralizou todo tipo de actuacións para evitar os vertidos ao mar

“O PP está incumprindo ademais o código que exixe o certificado medioambiental EMAS tamén acadado durante o goberno anterior, e por suposto, os vertidos directos á agua do río e do mar impedirán que Loira poida recuperar a bandeira azul, algo ao que o goberno do PP xa pareceu renunciar dende un inicio”, finaliza a portavoz do BNG.

 

Marín,  agosto de 2014