“Solo en castellano”

Edición en galego e castelán editada en 2010 baixo a xestión do BNG
Edición en galego e castelán editada en 2010 baixo a xestión do BNG
“Solo en castellano”

web1O goberno local do PP en Marín  négase a  editar a información turística en galego

Imposible atopar información turística sobre o Concello de Marín  noutro idioma que non sexa en castelán.

 A Concellaría de Turismo, dirixida por a concelleira do PP, Cristina Acuña, decidiu editar toda a información turística sobre Marín nun só idioma, o castelán, negando así os dereitos lingüísticos aos galegos e galegas que se poidan dirixir á única oficina de Información Turística instalada na Praza de España, e marxinando a lingua propia de Galicia.

“Calquera persoa que reclame, no seu máis lexítimo dereito, o folleto turístico editado polo Concello de Marín, atopárase con que este só existe en castelán, é dicir, nin reclamando expresamente a información en galego é posible obtela”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco

“Trátase dunha decisión tomada a conciencia e expresamente polo goberno local, a través da súa concelleira delegada de Turismo, Cristina Acuña, a cal a unha pregunta do BNG no pasado pleno ordinario do mes de xullo, sobre en cantos idiomas estaba editado o folleto informativo do municipio de Marín, contestou que decidirá editalo solo en castellano”, informa a concelleira nacionalista.

Edición en galego e castelán editada en 2010 baixo a xestión do BNG

“En ningún momento explicou a delegada o porqué desta decisión. A nosa opinión é que nin por a cabeza se lles pasa editar a información en pé de igualdade entre o galego e o castelán, pero o mínimo esixible é que haxa información dispoñible na nosa lingua”, engade.

“Cada vez de xeito mais ostentoso  o goberno local do PP está a vulnerar a lexislación que protexe os nosos dereitos lingüísticos, ben directamente, como neste caso ou permitindo que carteleria ou outro tipo de edicións subvencionadas con cartos públicos non respecten o galego tal e como estable tamén a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística do noso concello”.

Carencias rechamantes

 Ademais de non respectar os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, o folleto editado coa subvención do Padroado Rías Baixas dependente da Deputación, contén numerosa información errónea e carencias rechamantes.

O Concello tamén obvia calquera información sobre restauración ou aloxamento

A portavoz do BNG indica que :“O folleto remite ao visitante a un número de teléfono móbil que supostamente pertence á oficina de Turismo, mais se un marca o citado número ninguén responde, sexa a hora que sexa. Igual de inútil é intentalo no número fixo que remite ao Concello si se chama pola tarde ou en fin de semana, xusto cando en principio hai máis visitantes”.

“A Aula de Música segue situada no Cantodarea en lugar de na Finca de Briz, e as paradas de Taxi tampouco se recollen na súa totalidade  por non falar de nomes de rúas que xa non existen ”, engade.

“O folleto tampouco recolle ningún tipo de información sobre os restaurantes, taperías ou aloxamentos do municipio, negando así unha información básica ao visitante e promoción dos nosos recursos”, afirma Pilar Blanco.

Marín, 19 de xullo de 2014