Ramallo era coñecedora da sentenza antes de que entrase por rexistro

Imaxe:Concello de Marín
Imaxe:Concello de Marín
Ramallo era coñecedora da sentenza antes de que entrase por rexistro

Imaxe:Concello de Marín

A alcaldesa oculta a información sobre o PXOM igual que fixo coa sentenza sobre os recheos do Porto

“A alcaldesa coñecía o resultado da sentenza sobre o PXOM polo menos dende o día 10 de xullo, día na que foi publicada e comunicada ao abogado do Concello e asesor persoal da alcadesa, e á procuradora do caso. Polo tanto é coñecedora da sentenza moito antes de que entrase por rexistro”, afirma o concelleiro do BNG, Xosé María Vilaboa.

Xunta de portavoces

“A xunta de portavoces celebrada o día 4 de agosto, foi convocada pola alcaldesa a petición do BNG con motivo da sentenza do Tribunal Supremo sobre os recheos ilegais no Porto de Marín e a repercusión sobre o derrubo da nave de Cabo Mar”, aclara Vilaboa.

Seguimos  preguntándonos  que máis oculta a señora Ramallo

“Nesa reunión, durante a cal só falou a alcaldesa, informouse dos recursos interpostos sobre o Planeamento mais sen facer referencia á sentenza que xa estaba en posesión da señora Ramallo, e que precisamente entrará por rexistro ese mesmo día”. “A pesar de que o venres desa mesma semana tivo lugar o pleno ordinario, a alcadesa seguiu ocultando o documento ao conxunto da corporación, e polo tanto  á cidadanía á cal  representamos”, afirma o que fóra concelleiro delegado de Urbanismo.

Sentenza

CC BY-NC-SA

“A alcaldesa, que fala por boca do seu delegado de Urbanismo porque non se atreve a dar a cara, debería saber que a sentenza anula unha serie de artigos nos cales se regulaba a ubicación das antenas de telefonía móbil no noso concello”, indica. “A aprobación do Plan foi anterior a lei estatal e non ao revés como afirman dende o goberno local”.

“O obxectivo do PXOM  era sitúar as antenas fóra dos núcleos de poboación, condición que agora vai cambiar. Os servizos técnicos deben informar sobre como nós vai afectar este cambio e a cidadanía ten dereito a sabelo, non se lle pode ocultar”, afirma Vilaboa Ramos.

Se o PXOM  ten erros a cidadanía ten dereito a saber cales son e como lles afectan

“A día de hoxe aínda non se nós fixo entrega do texto da sentenza a pesar de que, como todas as demais, é pública, pero neste caso a alcaldesa, que controla o rexistro do concello,  decidiu que só ela pode ter acceso a unha información que nos afecta a todos”, engade.

Falta de transparencia

“Seguimos a preguntarnos que máis oculta a señora Ramallo. Se o PXOM  ten erros a cidadanía ten dereito a saber cales son e como lles afectan, mais neste caso, como no dos recheos do Porto, Ramallo só busca esconder o seu fracaso mentres mantén o Plan paralizado e os retrasos nas licenzas están a desesperar a unha poboación que esperaba que co PXOM  aprobado cambiasen as cousas no noso concello”, finaliza Vilaboa Ramos.

 

Marín, 21 de agosto de 2014