O Pleno aproba as propostas do BNG para mellorar a seguridade viaria

O Pleno aproba as propostas do BNG para mellorar a seguridade viaria

Foto seguridade viariaWEBOs informes recoñecen a necesidade de limitar a velocidade a 30 km/h no centro da cidade ante a alta taxa de sinestralidade

O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade as seis propostas do BNG para mellorar a seguridade viaria no centro da nosa vila.

“O BNG presentou en setembro pasado unha moción ante a falta de inciativa por parte do goberno local e tras os datos que solicitamos á Policía Local sobre a sinestralidade no centro da vila. O informe policial revelou un gran número de accidentes, algún deles con resultado de vítimas mortais, que se concentraban nas rúas da Avenida de Ourense, Concepción Arenal e Jaime Janer, xunto con Ezequiel Massoni e a rúa Estrada”, lembra a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

O  obxectivo é conseguir unha cidade máis segura e sen perigo para as persoas

“A falta de limitación da velocidade a 30 km/h, xunto coa falta de mantemento da sinalización horizontal e vertical, o mal estado do pavimento e a falta de vixilancia están entre as principais causas de que no ano 2013 se produciran un total de 199 accidentes só no casco urbano da cidade, 33 deles con resultado de feridos, cifra que probablemente se supere ao remate do ano 2014”, afirma a edil nacionalista.

Propostas do BNG que aprobará o pleno

A Avda de Ourense é a vía onde se concentra maior número de accidentes

Pilar Blanco especifica as medidas propostas: “O Concello é responsable dun correcto mantemento das vías públicas, do bo estado e localización da sinalización e semaforización, de establecer límites de velocidade, de instalar pasos elevados, ou da presenza da policía. Por iso presentamos seis propostas, que esperamos sexan aprobadas, ás cales engadiremos todas as que nos fixeron chegar os veciños e veciñas de Marín, e que pasan por a reposición da sinalización horizontal, en particular nos cruzamentos, de todo o termo municipal, o repintado dos pasos de peóns da zona urbana, a instalación de limitadores de velocidade nas principais rúas de Marín, a instalación de pasos elevados nas entradas dos colexios do centro urbano, a confección dun estudo de seguridade viaria do Concello de Marín, co obxectivo de rebaixar a sinestralidade viaria e a creación de zonas 30, ademais de solicitar das outras administracións (Ministerio de Fomento, Xunta e Deputación) medidas de seguridade viaria nas estradas da súa competencia que discorren polo noso Concello”.

Obxectivos

“O  obxectivo é conseguir unha cidade máis segura, sen perigo para as persoas máis vulnerables e amable para as que todos os días desenvolven as súas tarefas máis cotiás no entorno urbano. Dende que presentamos as propostas puidemos comprobar que a falta de seguridade viaria é un tema que lle preocupa aos marinenses, por iso o BNG seguirá traballando para mellorala”, finaliza Pilar Blanco.

 

Marín, 11 de decembro de 2014