Os orzamentos deben contemplar as dotación públicas que Marín precisa

Os orzamentos deben contemplar as dotación públicas que Marín precisa

web

“O PP dispara  o gasto corrente para evitar a fiscalización das facturas”

O goberno do PP aprobará este mércores un proxecto de orzamento elaborado con escurantismo e sen debate público. Os populares negáronse en todo momento ao diálogo e a  admitir as propostas presentadas en comisión para mellorar o documento económico para o ano 2016. “Por iso a única alternativa que nos queda é presentar unha emenda durante o propio debate”, anuncia a portavoz do BNG-AA de Marín, Pilar Blanco.

 

Os números desminten ao concelleiro de Facenda

O PP usa e abusa do capítulo de gasto corrrente, aquel destinado á subministros, materiais e gastos de servizos ou traballos realizados por empresas alleas contratadas.

 

“Este proxecto de orzamento pon en evidencia o incremento de gasto corrente desde que o goberna o PP en Marín. Así destínase un 49,83% do total orzamentado a este capítulo, o que ademais supón un incremento do 6,97% con respecto ao previsto no orzamento vixente do ano 2014.

En números: o goberno do PP gastou 316.206,62€ máis en gasto corrente por riba do orzamentado no orzamento vixente (2.315.410€), e prevé gastar 2.916.450 € no ano 2016.

Tal e como denunciou o BNG no Pleno correspóndente ao mes de marzo o gasto corrente estase a disparar até límites intolerables. E é que o grupo de goberno do PP caracterizase por non seguir os trámites legais á hora de contratar: non hai expedientes de gasto e en consecuencia non hai proposta de gasto, non hai contratos, non hai informes e finalmente non hai fiscalización e non hai transparencia. O único que hai son facturas. Así as que comprenden os meses de decembro de 2015 a xaneiro deste ano suman a asombrosa cantidade de  1.277.572,63 €.

Isto explica tamén a longa lista de reparos de Intervención porque, lonxe de corrixirse, reitéranse mes ames, pasándose do que sería admisible.

O goberno do PP, externaliza na práctica os servizos básicos do Concello, recorrendo de continúo á contratación privada alegando que “é máis barata”, cando as cifras de gasto corrente din o contrario. Unha práctica que lle permite fuxir da fiscalización mensual do Servizo de Intervención e do seguimento do gasto por parte dos grupos da oposición.

Un sistema  carente da transparencia e da obxectividade que garante a liña de subvencións

O grupo de goberno do PP eliminou  a única vía legal de axudas a entidades culturaisque é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva,deixando en mans da discrecionalidade da concelleira delegada e da alcaldesa que asociacións van recibir algún tipo de axuda económicapor parte do Concello e cales non.

Os reparos do  Servizo de Intervención reitéranse ante un sistema  carente da transparencia e da obxectividade que garante a liña de subvencións, a través da cal se valora a actividade, situación económica e xestión das entidades.

A través do orzamento que se presenta só está garantida a axuda económica que recibirá o Ateneo Santa Cecilia a través dun convenio, o resto de entidades culturais do Concello quedan a expensas do criterio e decisión do PP que ven de eliminou unhas axudas esenciais para o desenvolvemento do traballo das asociacións do noso Concello.

Un proxecto de orzamento que non reflite as necesidades básicas e prioritarias dos(as) marinenses

Un proxecto de orzamento que non reflite as necesidades básicas e prioritarias dos(as) marinenses as necesidades básicas e prioritarias dos marinenses e que non ten en conta as propostas aprobadas por unanimidade polo Pleno da Corporación e ampliamente respaldadas pola sociedade marinense (Nave de Deportes Náuticos, compra de terreos para o  Pavillón de Deportes de Seixo, ou o Centro Cultural de Marín).

Ao tempo que  incrementa o gasto corrente, o PP reduce os gastos destinados a investimento en dotacións públicas.

O goberno local non destina nin un euro a dotacións demandadas masivamente pola sociedade marinense e deixa “a sorte” de que outras administracións destinen cartos á Marín para poder realizalas, o cal evidencia que non hai nin urxencia nin interés real por parte do PP en que Marín conte con estas dotacións.

Propostas do BNG

1.-Reducir o gasto corrente a través da contratación pública de persoal destinado á realización de servizos básicos como limpeza de praias, camiños, mantemento de xardíns, atención a pavillóns deportivos,…. A través de plans de emprego municipais que teñen demostrado a súa eficacia na reducción do paro no noso concello e na efectividade do seu resultado na prestación.

2.- Desenvolvemento do polígono urbanístico SUNC P4, o que engloba os terreos cedidos polo Ateneo Santa Cecilida para a construcción dun centro cultural, e que suporía a apertura dunha rúa entre a Estrada e a Roda. Para elo o concello destinará 352.670,02€ en investimento destinado a un estudio do proxecto e execución da urbanización do polígono citado.

Ademais o orzamento recollerá as partidas necesarias en investimento para levar a cabo a construción da Nave de Deportes Náuticos, o Pavillón de Seixo e o Centro Cultural de Marín.

3.- Restauración da única vía legal de axudas a entidades culturais que é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, evitando así  deixar en mans da discrecionalidade da concelleira delegada e da alcaldesa que asociacións van recibir algún tipo de axuda económicapor parte do Concello e cales non.