Un novo verquido no río Loira alcanza as augas da praia

Informe de Augas de Galicia
Informe de Augas de Galicia
Un novo verquido no río Loira alcanza as augas da praia

Verquido na ponte sobre o Loira en Ardán

O goberno local segue sen atender os requirimentos de Augas de Galicia

Un novo verquido na rede de saneamento provocou que as augas fecais chegasen á praia de Loira. De novo foron os veciños os que alertaron aos servizos municipais, máis desta volta non puideron evitar que a contaminación invadise as augas do mar.

Máis de 24 horas verquendo

Imaxe obtida por unha veciña o domingo 7

“Desta volta o verquido puido durar máis de 24 horas, xa que os veciños alertáronse o domingo pola mañá cando paseaban pola praia, pero probablemente o fallo non bombeo se producise o sábado pola mañá. A alerta saltou cando se apercibiron de que a auga cheiraba mal. Por costume achegáronse ao punto do bombeo no río e ao comprobar que estaba vertendo avisaron á Policía Local. Logo foi reparado mais as augas fecais xa estiveran contaminando o río e chegaran á praia”, informa a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

“Este é o terceiro verquido en menos de dúas semanas e no mesmo punto, e o polo menos o cuarto no prazo dun mes, o cal indica que as alarmas instaladas nos bombeos non funcionan e, o que é peor, non se reparan”, engade.

Vairos verquidos en menos dun mes

As roturas na rede sucédense por falta de mantemento

“Non é normal que en menos de quince días se teñan producido tres verquidos e que sempre sexan os veciños os que dean a voz de alarma senón o Concello nin se decataría. Hoxe en día existen medios para poder detectar o fallos nos bombeos case ao mesmo tempo que se producen. O goberno local e, en particular a responsable de Medio Ambiente deber dar unha explicación deste desastre”, afirma a concelleira do BNG.

“Non hai ningún sistema de alertas que avise aos servizos municipais de fallos na rede. Sempre son os veciños os que avisan, e con sorte os verquido xa se iniciou horas atrás, cando non días como desta volta”, engade.

Requirimentos de Augas de Galicia 

“A proba máis patente de que para este goberno facer obras de mantemento na rede de saneamento non é unha prioridade, é a advertencia que Augas de Galicia realizou en abril pasado e que segue sen atender. Un informe do Servizo de Conservación da Natureza alertou da mala situación da tubaxe que atravesa o río e que o Concello debe retirar, mais a día de hoxe o goberno local non fixo nada de nada e os fallos e verquidos sucédense ante a indignación dos veciños e veciñas de Loira que ven como o río, a praia e o seu entorno está cada día máis degradado”.

Informe de Augas de Galicia

“Ademais o goberno local oculta sempre que pode os verquidos que se veñen producindo ao río Loira. Os veciños aseguran que este verán os fallos na rede foron continuos, e de feito non se limitan ao entorno do río, tal como denunciou o BNG hai uns días”, engade a concelleira nacionalista.

“Non hai mais que darse unha volta polo río para comprobar que hai varios puntos de verquidos de fecais e que non existe mantemento da rede municipal. Non vale dicir que “las tuberías están viejas” e escusarse en que non hai cartos cando se están a gastar miles de euros en inchables nas praias ou outras banalidades totalmente prescindibles en época de crise.

Dende o BNG finalizan anunciando que elaborarán un dossier completo que remitirán a Augas de Galicia para se tomen medidas eficientes que rematen con esta sucesión de verquidos contaminantes nun entorno de gran valor natural como o río Loira e o seu entorno.

 

Marín, 8 de setembro de 2014