A nave de deportes náuticos construirase na punta do paseo Alcalde Blanco

A nave de deportes náuticos construirase na punta do paseo Alcalde Blanco

O BNG foi o encargado de levar as propostas dos clubs de remo e piraguismo até o pleno, mais detrás está o intenso traballo de difusión das pésimas condicións nas que os clubs teñen que levar a cabo a  súa actividade.

O grupo de goberno descarta emprazalo en terreos cedidos pola Autoridade Portuaria

A nave de deportes náuticos construirase na punta do paseo Alcalde Blanco.

 “Esta é a oferta que ven de facernos o grupo de goberno durante a segunda reunión do grupo de traballo para impulsar este proxecto e que tivo lugar o pasado día 15”, informan o concelleiro do BNG e expresidente do Club de Remo Ría de Marín, Alfonso Fernández e os presidentes do Club de Remo, Francisco J. López e do Club de Piragüísmo Tambo, Luís Pesqueira.

 

“Desde a constitución deste grupo de traballo (do cal forman parte os clubs de remo e piraguismo e os grupos políticos), en setembro de 2015 a proposta dunha moción do BNG, esta é a última oferta do goberno local despois de descatar a oferta inicial de situar a nave nos terreos cedidos polo Porto no inicio do Paseo Alcalde Blanco”,  lembran.

A opinión dos clubs, o máis importante

“Para nós o máis importante é que este tema non se convirta nunha eterna promesa. Tanto o BNG, como os clubs e o resto de partidos políticos estivemos weboutubropequenosempre de acorto en que o Paseo Alcalde Blanco é o emprazamente idóneo, e que é o Concello quen debe buscar os recursos necesarios para levar adiante o proxecto ao igual que xa fixeron todas as vilas do noso entorno”, indican.

Somos conscientes de que este non é o mellor emprazamento, mais o goberno local non nos deixa outra alternativa

“Somos conscientes de que este non é o mellor emprazamento, mais o goberno local non nós deixa outra alternativa (unha vez que descarta poder adaptar a nave almacén ou as súas inmediacións), que aceptar a oferta de emprazar a nave na punta do paseo”,

Por parte do BNG, Alfonso Fernández afrima que “ao BNG só lle resta seguir presionando ao goberno local para que faga esta dotación dunha vez por todas”.

O grupo de traballo

“A constitución do grupo de traballo foi clave para chegar até aquí. O BNG foi o encargado de levar as propostas dos clubs de remo e piraguismo até o pleno, mais detrás está o intenso traballo de difusión das pésimas condicións nas que os clubs teñen que levar a cabo a  súa actividade. Neste sentido, contar por fin con unha ubicación, aínda que no sexa a inicialmente prometida, é para nós (clubs e BNG)  un gran avance”, afirma Alfonso Fernández.

Seguimento do proxecto

“O paso seguinte será o seguimento da redacción do proxecto dunha nave que debe garantir as condicións idóneas para os clubs de remo e piraguismo, á altura doutras vilas que xa contan con esta dotación dende hai moitos anos. O grupo de traballo debe ser o encargado de facer o seguimento deste proxecto, porque nel están integrados os clubs e porque queremos darlle a máxima trasparencia e participación”.

 

Asinado: Alfonso Fernández (concelleiro do BNG), Luís Pesqueira (presidente do Club de Piragüismo Tambo, e Francisco J. López (presidente do club de Remo Ría de Marín).