As mulleres do BNG de Marín presentan propostas para combater o paro feminino

Lucía Santos
Lucía Santos
As mulleres do BNG de Marín presentan propostas para combater o paro feminino

web2Instan  ao goberno local á  convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Plan de Emprego Municipal

O BNG ven de presentar unha moción na cal se insta ao goberno local do PP a convocar urxentemente a Comisión de Seguimento do Plan de Emprego Municipal,  e á elaboración dun plan orientado a combater a situación de desigualdade que afecta ás mulleres en materia de emprego e que se ven agravando no contexto de crise actual.

 Lucía Santos, representante do BNG no Consello da Muller, afirma que “dende o BNG queremos tomar parte e formular unha serie de medidas que permitan sumar os esforzos de todos os grupos municipais e que centremos os nosos esforzos en traballar xuntos en combater o desemprego, como xa fixemos anteriormente a través da propoposta dun Plan de Emprego Municipal. Neste caso,  as medidas que propoñemos van dirixidas a mudar en  particular situación das mulleres dentro do mercado laboral en base aos datos que describen un panorama, que afecta de xeito especial ás mulleres e que refliten tamén a situación no noso concello”.

Moitas das medidas que propoñemos xa deberían estar en marcha se o goberno local estivera realmente preocupado pola situación laboral das mulleres

Segundo os últimos datos oficiais,  en Marín o número de persoas desempregadas vai a máis. A comarca do Morrazo suma un total de 7.931 persoas, das cales 2.293 son de Marín, o municipio con máis paro despois de Cangas (2.597), e o único no cal vai en ascenso. “A porcentaxe de paro feminina no noso municipio é do 53,29%, superior á media da comarca, ademais Marín é o concello con máis paro xuvenil, dous datos moi preocupantes que hai que combater”, afirma a representante do BNG.

“A Coporación Municipal aprobou un Plan de Emprego á instancias da proposta presentada polo BNG que o goberno do PP está a incumprir. A comisión de seguimento non se convoca dende hai meses cando debería facelo cada dous meses porque o delegado de Facenda négase a dar contas e a avaliar os resultados. A situación laboral das mulleres no noso concello é unha cuestión que debería preocupar a quen ten a responsabilidade de gobernar e a posibilidade de actuar para reducir as desigualdades, e isto non se consigue se non se aplican medidas efectivas”, engade.

“ Moitas das medidas que propoñemos xa deberían estar en marcha se o goberno local estivera realmente preocupado pola situación laboral das mulleres. O compromiso do BNG é o de centrarse no problema principal que afecta ás mulleres e homes do noso municipio que é o desemprego e a precariedade laboral que afecta de xeito especial ás mulleres vítimas ademais dos recortes en materia social que fan recaer nelas os servizos que deixa de cubrir o Estado”, finaliza Lucía Santos.

Marín, 7 de marzo de 2015 

Marín, 7 de marzo de 2015

http://bng.gal/marin/2015/03/07/mocion-sobre-a-situacion-laboral-das-mulleres-e-medidas-para-combater-o-desemprego-feminino-no-noso/