Montoro desmonta as contas do goberno local do PP

Montoro desmonta as contas do goberno local do PP

web1Marín lidera a lista do Ministerio de Facenda dos concellos máis morosos da provincia

O Ministerio de Facenda ven de facer públicos, a través da súa web, os datos de pago de facturas dos municipios previsto na normativa sobre morosidade aprobada por Montoro. No listado Marín aparece como o concello máis moroso da provincia de Pontevedra.

“Estes datos oficiais do Ministerio desmontan de xeito categórico as afirmacións que a alcaldesa verteu hai só uns días e nas cales afirmaba que las cuentas están al día, ademais de gabarse  de ter feito unha labor de hormiguita que agora desminte o departamento de Montoro”, afirma o concelleiro do BNG, Xosé María Vilaboa.

Estamosante un auténtico exercicio de cinismo e falsidade por parte do goberno local

do PP

Os datos de Facenda son definitivos e non deixan lugar a dúbidas: Marín lidera a lista de concellos que máis demoran o pago de facturas con máis de 80 días de retraso: “Estamos ante un auténtico exercicio de cinismo e falsidade por parte do goberno local do PP e dos seus dirixentes, en particular do concelleiro de Facenda Manuel Santos e da alcadesa que hai poucos días  gababa a súa xestión e chegaba a afirmar que o Concello estaba ao día nos pagos até o mes de setembro”, engade o edil nacionalista.

Informes de Tesoureria Municipal

Os datos do Ministerio están baseados nos informes remitidos polo propio Concello a través do departamento de Tesoureria e que se deben publicar cada trimestre: “A señora Ramallo terá que dar algún tipo de explicación porque o informe de Facenda demostra que as facturas que entran no Concello non se reflexan na execución do orzamento, porque a fiscalización e o posterior pago non teñen lugar até moito despois do balance trimestral que está obrigado a facer o goberno local”.

“O BNG ven alertando hai tempo da falta de trasparencia e incumprimento da legalidade nas contratacións por parte do goberno do PP. O PP négouse dende un inicio a permitir o acceso ao listado de rexistro de facturas. Agora o Ministerio confirma que moitas das rexistradas acumúlanse sen pagar e non sabemos cantas hai sen fiscalizar”, engade.

Falta de xestión e de efectividade na recadación

Os datos oficiais do Ministerio desmontan de xeito categórico as afirmacións que a alcaldesa

Por outra parte, hai poucos días o BOP publicaba a lista de facturas sen cobrar por parte do Concello e que alcanzaba 1.344.375,70 € : “Entre o listado figuran facturas de máis de 100.000 correspondentes a coñecidos particulares de Marín, aos que o señor Santos di non poder notificar, aínda que ao mesmo tempo lle está abonando facturas por servizos contratación de servizos. Ao tempo que a marioría dos veciños e veciñas de Marín cumpren escrupulosamente coas súas obrigas fiscais o edil de Facenda quédase tan ancho afirmando no Pleno que unas facturas se pueden cobrar y otras no”, denuncia o concelleiro do BNG.

Conclusión

“O goberno do PP e os seus dirixentes fan un continúo exercicio de falta de rigor, de orde e de eficacia, ocultando información, deformando a realidade, e faltando á verdade. Os números, os informes e o mismísimo Ministerio de Facenda veñen de desmontar toda a falsa propaganda e a vana palabrería da señora Ramallo, que demostran que esta señora non é de fíar”, finaliza Vilaboa Ramos.

 

Marín, 27 de novembro de 2014