O Ministerio Fiscal abre dilixencias xudiciais ao Concello de Marín

O Ministerio Fiscal abre dilixencias xudiciais ao Concello de Marín

web2O BNG afirma que a alcaldesa incumpre a Lei de Transparecia e manipula a información sobre un tema de suma gravidade

O BNG de Marín compareceu hoxe en rolda de prensa para denunciar a falta de transparencia e a manipulación informativa por parte da alcaldesa sobre as dilixencias xudiciais abertas polo Ministerio Fiscal en relación aos expedientes extraxudiciais de crédito e aos reparos de Intervención dos expedientes de gasto tramitados durante o ano 2014 e levantados pola alcaldesa.

“Despois das declaracións do goberno local sobre este asunto é preciso aclarar que non se trata dun “expediente” calquera e que non é de agora. En novembro de 2014 o Tribunal de Contas dependente do Ministerio Fiscal do Estado, a través dun decreto asinado polo Fiscal Xefe da Fiscalía do Tribunal de Contas, cumunica ao Concello que tras analizar os informes de reparo asinados pola Intervención Municipal, os fondos municipais do Concello poden ter sido perxudicados como consecuencia de numerosas disposicións , pese aos reparos formulados por Intervención”, informou o concelleiro do BNG, Xosé Mª Vilaboa, durante a rolda de prensa e diante da documentación da Fiscalía.

“En concreto o xefe do Tribunal levanta dilixencias baseandose nos reparos asinados pola alcaldesa no pago de complento de productividade aos funcionarios, de recoñecementos extraduciais de crédito por non pasar os gastos pola preceptiva fiscalización municipal e de pagos de horas extraordinarias dos meses de setembro de 2013 e de febreiro a setembro de 2014”, concretou o edil nacionalista.

Ademais de manipular a información, a alcaldesa está a incumprir a lei que lle obriga a facilitar ao grupos da oposición toda a información unha vez que se lle solicita

“Ademais de manipular a información, a alcaldesa está a incumprir a lei que lle obriga a facilitar ao grupos da oposición toda a información unha vez que se lle solicita. A pesar das múltiples preguntas do BNG sobre este tema en comsións e por escrito a señora Ramallo impide que teñamos acceso á totalidade do expediente de xeito que non podemos coñecer que documentación se remitiu en concreto ao Ministerio Fiscal nin o contido das alegacións que foron presentadas polo avogado do Concello e asesor persoal da alcaldesa que pagamos con cartos públicos”, engadiu.

web3Xosé María Vilaboa afirmou tamén que “esperamos que, polo ben do Concello, este proceso xudicial remate favorablemente porque podería afectar a terceiros que non son responsables do que decide a alcaldesa e o seu grupo, pero nun asunto de tanta gravidade o mínimo que se debe requirir é transparencia e información”. “A señora Ramallo sae publicamente, dando información sesgada sobre un tema que leva meses dando voltas na súa mesa, e porque lle está a negar información ao BNG que lla solicitou por escrito, incumprindo a lei que lle obriga a informar aos representantes públicos da cidadanía na Corporación Municipal”, engade.

“Hai tempo que vimos advertindo dos pagos escandalosos de horas extraordinarias e da falta de fiscalización dos expedientes de gasto, tal e como advirten mes tras mes os técnicos municipais nos seu informes de reparo suspensivo de legalidade que a alcaldesa levanta coa súa firma e baixo a súa responsabilidade”, finalizou o edil do BNG.

 

Marín, 5 de marzo de 2015

DOCUMENTOS.:

IMG_0611IMG_0612